Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Dodro
  • Entrevistas
  • Xeral

Alcaldes: Xabier Castro, Dodro

Dodro é un pequeno concello ao carón da desembocadura do río Ulla onde viven cerca de 3.000 veciños. Xabier Castro converteuse en alcalde no 2019
Xabier-Castro-alcalde-de-Dodro-slide_132817_r

Dodro, 18 de maio do 2022- Dodro é un pequeno concello ao carón da desembocadura do río Ulla onde viven cerca de 3.000 veciños. Xabier Castro converteuse en alcalde no 2019 despois de moitos anos como concelleiro socialista.

Tras varias lexislaturas do Partido Popular fixo falta unha coalición de tres partidos para mudar o goberno. Os 3 concelleiros socialistas con Xabier Castro á cabeza; dous da Unidade Veciñal de Dodro e un do BNG.

Xabier Castro

Dodro non é un concello moi coñecido pese a estar moi ben situado. No comezo do Barbanza,  na bisbarra de Compostela, nas Terras de iria e pegadiños ao Ulla. Xabier Castro comeza explicándonos que en eso están, en intentar darse a coñecer

Como xa comentamos a situación política e como pouco complexa, con tres partidos gobernando en coalición e un só voto de mayoría. Con todo dase unha circunstancia que debería ser habitual pero que, según di Castro, nunca se producira: os tres líderes viven no concello

Como todos os elixidos no 2019 non contaban con ter que lidiar dunha pandemia. O esforzo tivo que ser maior si se ten en conta que nunca antes estiveran no goberno. Xabier Castro conta que a crise sanitaria antes, e agora a económica, obrigou a retrasar moitos proxectos pero que de nada serve queixarse

Pese a este escenario tan complicado o concello ven de cancelar a débeda externa sen recorrer a axudas de outras entidades. Un logro que axudou a deseñar os orzamentos que hai pouco aprobaban

Xabier Castro

Xabier Castro recoñece que hai moutas que lle gustaría facer antes de rematar a lexislatura pero é consciente de que non será posible. A prioridade sería que Dodro comezara a ser coñecido como un concello ben situado e con moitos atractivoa para vivir nel

En ese liña Castro engade que o turismo é unha peza importante pero o concello ten moito máis que ofrecer como lugar de residencia. O Plan Xeral permite un crecemento da poboación e, en ese sentido, a emigración e tamén unha baza a favor.

Xabier Castro mantén a ilusión pese a levar moitos anos en política. Non se esquece de mencionar aos seus socios de goberno e asegura que hai unha boa sintonía que axuda ao traballo diario. Castro transmite seguridade pero, sobre todo, gañas de saber máis sobre este concello. Dodro é un lugar para coñecer. Máis de douscentos horreos inventariados, as Brañas de laíño dentro da Rede Natura ou o Pazo de Lestrove, antigo palacio do Arcebispo de Compostela son argumentos sobrados para darse unha volta e situar no mapa a este pobo.

Concello de Dodro

Post navigation

Previous: Brión entrega o IV Premio Laudamuco a Paula Carballeira
Next: VIII Concentración Moteira SinFrenos na Pobra do Caramiñal

Máis novas

diego luis diaz alcalde val do dubra primer plano 5 outubro 2026
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Diego Luís Díaz, alcalde de Val do Dubra

a banha nova umeracion 5 outubro 2026
3 minutes read
  • A Baña

A Baña prepara a nova numeración municipal en 11 parroquias

santa comba mellora de viarios 5 outubro 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Santa Comba licita a mellora de viarios

museo do pobo programacion slide otubro (3)
6 minutes read
  • Xeral

Outubro no Museo do Pobo Galego

ateneo avaro ortiz 5 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Álvaro García Ortiz da unha conferencia no Ateneo

deputacion-variante-cacheiras-slide-18-outubro-2018_r
2 minutes read
  • Xeral

Problemas nas obras da variante de Cacheiras

compostela-transporte-urbano-slide-30-agosto-2022_r
2 minutes read
  • Xeral

O concello de Teo esixe manter a liña 12 do urbano de Santiago

usc territorios que lideran 2 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

A USC impulsa o Foro “Territorios que lideran”

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2814) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (449) Educación (776) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (823) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (735) Politica (949) saúde (533) Servizos (2698) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (585) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.