Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral

Os alcaldes socialistas da provincia analizarán o “afogo económico” dos concellos

O Psoe reunirá o vindeiro xoves aos seus alcaldes na provincia da Coruña para falar do “afogo económico dos concellos”.

psoe reunion alcaldes corunha

Non só os alcaldes socialistas se  non todos en xeral quéixanse desde hai tempo dos problemas económicos, en especial das chamadas competencias “impropias”. Trátase de aqueles servizos delegados nos concellos que non lle corresponderían e para os que as administracións que delegan non aportan o suficiente.

O servizo máis mencionado é o SAF, o servizo de axuda no fogar, que chegou a poñer de acordo a rexedores de todos os colores e a piques estiveron de denunciar á Xunta de Galicia. Un acordo coa FEGAMP parece solucionar o problema… polo momento.

O PSOE provincial, da Coruña, decidiu consultar aos alcaldes para falar de eses problemas económicos. Certo é que o enfado de algúns de eses alcaldes co partido non é novo aínda que non se diga en público polo que o encontro se presenta animado.

O secretario provincial do PSdeG-PSOE na Coruña, Bernardo Fernández, vén de convocar para o xoves 29 de xaneiro o Consello de Alcaldes e Alcaldesas, órgano que reúne aos rexedores e rexedoras socialistas da provincia, co obxectivo de analizar o impacto económico que está a ter nos concellos o actual modelo de financiamento autonómico e a asunción de competencias sen dotación suficiente.

Segundo sinalan dende o PSdeG-PSOE provincial, a Xunta de Galicia estaría trasladando ás administracións locais responsabilidades propias da administración autonómica, como o mantemento, conserxería e limpeza dos centros educativos ou o Servizo de Axuda no Fogar (SAF), “obrigando aos concellos a asumir un gasto que non lles corresponde e que compromete gravemente a súa sustentabilidade financeira”.

O partido advirte de que esta situación afecta especialmente aos concellos pequenos e medianos, con menor capacidade económica, que deben destinar unha parte crecente dos seus recursos a servizos que, segundo indican, deberían estar plenamente cubertos pola Xunta.

Neste sentido, Bernardo Fernández afirmou que “falamos dun modelo de financiamento totalmente inxusto, no que a Xunta reparte a maioría dos recursos destinados aos concellos de forma partidista e nada transparente, sen criterios obxectivos, con convocatorias de concorrencia non competitiva, ao tempo que se desentende das súas obrigas, pero esixe aos concellos que garantan servizos esenciais sen poñer enriba da mesa os cartos necesarios”.

O Consello de Alcaldes e Alcaldesas abordará tamén a situación do Fondo Galego de Cooperación Local. Os socialistas lembran que o fondo base, que é o “único mecanismo de reparto con criterios obxectivos”, permanece conxelado desde hai máis de dez anos, malia o incremento dos custos e das obrigas asumidas polos concellos.

“É absolutamente inxustificable que a Xunta presuma de boa situación económica mentres mantén paralizado un fondo clave para a autonomía local. Esa conxelación é outro xeito de afogar economicamente aos concellos”, engadiu Fernández.

Batería de medidas en defensa da autonomía local

A reunión servirá para compartir diagnósticos, avaliar o impacto real desta situación nos distintos municipios da provincia e definir unha batería de medidas orientadas a defender a autonomía local, reclamar un financiamento xusto e esixir que cada administración asuma as súas competencias coa correspondente cobertura económica.

Dende o PSdeG-PSOE da provincia da Coruña reclámase á Xunta de Galicia que “poña fin á deriva actual, asuma plenamente as súas responsabilidades, actualice e implemente de maneira urxente os mecanismos de financiamento local, para evitar que os concellos sigan sufrindo un afogo económico que pon en risco a calidade dos servizos públicos municipais que reciben os veciños e veciñas”.

O secretario provincial rematou explicando que “no que á financiación local se refire, pedímoslle ao presidente Rueda que dé exemplo e aplique aquí en Galicia os mesmos criterios de reparto de recursos públicos que esixe ao Estado, que non son outros que os de igualdade, transparencia e obxectividade.”

Post navigation

Previous: O CEIP Os Tilos, en Teo, xa desfruta de nova cuberta
Next: Acordo de orzamentos en Noia

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.