Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Entrevistas
  • Santa Comba
  • Xeral

Alcaldes: Alberto Romar, Santa Comba

Falamos co novo alcalde de Santa Comba, o socialista Alberto Romar. O novo rexedor atopouse cunha situación límite no concello.
Alberto-Romar-alcalde-Santa-Comba-slide-7-xullo-2023_6694_r

Os veciños de Santa Comba veñen de dar un xiro de 180 graos na política local. Despois de censuras, alcaldes con só dous concelleiro e censurados apoiando a censuradores, o pobo outorgoulle a maioría absoluta ao socialista Alberto Romar.

Non será ese complexo pasado o único que Alberto Romar terá que afrontar . Por unha banda nunca estivera en política, o cambio de rumbo en Santa Comba é máis absoluto que a propia maioría. E por outra parte a situación económica e organizativa, como veremos, está lonxe de ser sinxela.

Comecemos polo principio. Alberto Romar foi presidente da Asociación de Empresarios e desde hai tempo tiña propostas e apoios para entrar en política, tal vez por todo o sucedido nos anteriores mandatos. Acabou sendo o candidato do Psoe, partido ao que di estar moi agradecido

Romar explica que unha das claves para entrar en política foi, ademais dos apoios recibidos, o cansazo da xente de ver sempre as mesmas caras en política. Lembra que tres dos candidatos xa foran alcaldes en seis ocasións.

Vindo dunha situación tan particular é obrigatorio preguntar polo traspaso de poderes e por como atopou o concello. Alberto Romar non recibiu nin unha chamada de María Pose, a anterior alcaldesa; o fair play, xogo limpo, brillou pola súa ausencia.

A situación é crítica con dous millóns e medios de facturas pendentes de pago e inversións realizadas despois das eleccións que están sendo analizadas

Esta mala situación económica é peor se pensamos que hai facturas emitidas con traballos sen realizar. Alberto Romar explica que pensa fiscalizalas todas e critica que durante os últimos mandatos fixérase unha política individual para catro amigos, a súa intención en este mandato e dar o xiro cara a unha política colectiva, para todos.

O novo alcalde asegura que garantirá o servicios mínimos. As malas xestións afectan a todos os departamentos pero os servizos sociais o notan máis, unha estrada con fochancas pode agardar pero servizos como axuda a domicilio non. Romar pon varios exemplos de mala xestión e o resume nunha frase “parece que en Santa Comba se facían mal as cousas adrede”.


Rematamos a entrevista pedíndolle unha pinga de esperanza. Alberto Romar comeza a falar do seu equipo, explica todo o que están a facer e pon en valor o tempo que lle están dedicado ao concello.

A firmeza coa que Alberto Romar explica o traballo que están facendo en estas primeiras semanas, o empeño en poñer orde para saber cen por cen onde están e onde queren ir, é algo que sorprende, por moito que sexa lóxico.

Nunha política local cunha taxa moi baixa de renovación que cheguen novas persoas, e que o fagan con sentido común, é de agradecer. Nos vindeiros meses verase si Santa Comba entra nunha nova época ou a desfeita foi tan grande que con devolver todo ao seu sitio é dabondo.

Unha das cousas que Alberto Romar dixo na entrevista é que trataría de lograr ese cambio aínda que só fora alcalde catro anos. Que non pense en perpetuarse no posto é o mellor para poder traballar sen ataduras. 

Post navigation

Previous: Ecoloxistas en Acción tapona as verteduras da mina de San Finx
Next: Boqueixón e Vedra descenden un ano máis o Ulla

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.