займ срочно

Os alcaldes de concellos onde se recolle leite piden a ministra que dialogue cos transportistas

0

Bisbarra, 23 de marzo do 2022 – Vinte e cinco alcaldes e alcaldesas de concellos, onde se recollen cada día cen mil litros de leite, piden a ministra que dialogue  cos transportistas.

Concellos como Frades, Santa Comba, Trazo, Tordoia, Silleda ou Lalín na bisbarra de Compostela asinan unha carta na que mostran “a súa enorme preocupación polas  consecuencias que pode ter na actividade dos gandeiros o paro  do transporte de mercadorías que se está desenvolvendo desde o pasado 14 de marzo”.

O alcalde de Frades, Roberto Rey, explicaba que “Nestes momentos existen dificultades de abastecemento de materias primas nas fábricas de pensos, hai empresas que non están a recoller o leite das explotacións gandeiras e a maioría das industrias agroalimentarias non poden sacar o seu produto terminado cara á distribución”

Na carta enviada á ministra, os alcaldes subliñan que Galicia é a novena rexión europea en produción de leite, alcanzando os dous millóns novecentas oitenta mil toneladas no ano 2021, o que supón o 40% do total nacional.

Ante esta situación, os alcaldes demandan ao Goberno central que se protexa o sector primario e o conxunto da cadea agroalimentaria galega, xa moi afectado pola inasumible subida dos custos de produción que vén padecendo desde o ano 2021.

Corredores seguros

Ademais, na carta, os alcaldes urxen a que delegación do Goberno en Galicia cree corredores seguros para garantir:

  O transporte dos cereais e do resto de materias primas de alimentación animal, desde os portos ás fábricas de pensos. 

O transporte dos pensos compostos desde as fábricas de pensos ás explotacións gandeiras, toda vez que as explotacións intensivas de aves, coellos e porcos non teñen outra fonte de alimentación para o gando.

O transporte das producións agroalimentarias desde as explotacións agrarias ás industrias e os matadoiros, un asunto esencial no sector lácteo, no que a produción de leite non pode deterse dun día para outro.

O transporte dos produtos industriais elaborados desde as industrias e matadoiros ás empresas de distribución, así como a entrada nas súas instalacións de materias primas e consumibles necesarios para os seus procesos produtivos, toda vez que xa hai industrias lácteas que suspenderon a recollida de leite por non poder sacar a súa produción das fábricas e ter completada a súa capacidade de almacenamento, ou por falta de materiais para os seus procesos produtivos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies