Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Entrevistas
  • Teo

Alcaldes: Rafa Sisto, Teo

O actual alcalde de Teo, Rafael Sisto, cumprirá no 2023 vinte anos como concelleiro. Farao en funcións porque non se presentará as eleccións
Rafa-Sixto-alcalde-de-Teo-slide-30-maio-2022_9216_r

Teo, 30 de maio do 2022 – O actual alcalde de Teo, Rafael Sisto, cumprirá no 2023 vinte anos como concelleiro. Farao en funcións porque non se presentará as eleccións municipais e pechará coa súa marcha unha intensa etapa política no concello.

Sisto viviu a última lexislatura de Armando Blanco como alcalde. Os resultados electorais no 2003, momento no que comezou a súa carreira como concelleiro, deixaron, como agora, ao BNG ( en aquel momento Sisto militaba en este partido, antes de fundar, xunto a Martiño Noriega, Son de Teo) con catro concelleiros, os mesmos que o Psoe; o mesmo reparto que na actualidade.

A última entrevista longa con Rafa Sisto a facíamos pouco tempo despois de saír do confinamento, en xullo do 2020. En aquel momento deixaba unha frase que segue sendo válida e que segue aplicando polo que se deduce da valoración que fai de estes dous anos “hai que facer o ordinario extraordinariamente ben”

Sisto Recoñece que esta foi posiblemente a lexislatura máis difícil que viviu. Da un argumento moi interesante xa que explica que o funcionamento do concello “desbaratouse”, todo deixa de funcionar do xeito habitual e iso afecta a toda a poboación pero especialmente á do rural

Pero o concello de Teo sempre sorprende ao espectador externo. Si a pandemia foi o momento máis complicado de esta lexislatura, Rafa Sisto recoñece que o máis duro foi a rotura do goberno de coalición co Psoe. Aínda hoxe moita xente se pregunta porque sucedeu despois de seis anos de colaboración, o alcalde carga as tintas nos concelleiros socialistas que entraron en esta lexislatura

Rafa Sisto non se presentará as eleccións municipais do 2023 pero non pode deixar de ser político. Explica que estes comicios lle preocuparan incluso máis xa que non vai ser o responsable directo do que suceda. Gustaríalle conseguir unha transición tranquila no número un do partido. En calquera caso é un relevo que non está previsto antes do verán.

Pese a que a conversa discorre tranquila, nun ton reflexivo,  hai un tema que marca un cambio de dinámica no falar do alcalde. Preguntamos polo cansazo que supón o paso dos anos nun conflito como o da canteira da Casalonga. De súpeto aparece o Sisto máis combativo que defende o traballo realizado

O último debate en poñerse baixo os focos é a intención de municipalizar a recollida do lixo. O alcalde sabe que non teñen concelleiros suficientes para sacala adiante en solitario pero lembra o bo resultado acadado en servizos como o da auga ou o de garderías infantís

Teo é un concello sobre o que se pode estar falando horas. Si se entra a recordar épocas pasadas da para días. Dentro duns anos será un bo momento para retomar a conversa con Rafa Sisto, cando xa non sexa alcalde, e lembrar as experiencias vividas en esta etapa da súa vida. En este vinte anos foi un político sempre disposto a contestar preguntas, sempre disposto a coller o teléfono ou contestar unha mensaxe e iso é de agradecer. O seu traballo como concelleiro e alcalde tocaralle valoralo á veciñanza.

Post navigation

Previous: O concello de Ordes colabora cunha casa de apostas
Next: Muuuuuita Festa en Santa Comba o cinco de xuño

Máis novas

Lugar de Agromaior no concello de Teo
2 minutes read
  • Xeral

Teo licita o acondicionamento do viario municipal en Agromaior

Teo lugar no que se situaría a planta de residuos de Cacheiras
4 minutes read
  • Xeral

Segue a preocupación en Cacheiras, Teo, pola instalación da planta de reciclaxe

Pela del Álamo na inauguración da edición 23 de Curtocircuíto, xullo 2026
3 minutes read
  • Xeral

Parolando con Pela del Álamo, director de Curtocircuíto

Elementos que se usara en Teo para a campaña sobre a fracció orgánica
2 minutes read
  • Xeral

Teo pon en marcha unha nova campaña informativa sobre a fracción orgánica

Un dos moitos petroglifos que se poden atopar en Teo
2 minutes read
  • Teo

Teo solicita á Xunta unha valoración de danos da área arqueolóxica do Monte Piquiño

Teo prepara unha xornada sobre a transición española
2 minutes read
  • Xeral

Teo e a USC proxectan unha xornada sobre a Transición Española

Baldur Brönnimann director da Real Filharmonía de Galicia
3 minutes read
  • Entrevistas

Musicas na Linde: Baldur Brönnimann, director da Real Filharmonía de Galicia

Un momento da gala de fillos adoptivos de Teo
2 minutes read
  • Xeral

Teo celebra a terceira Gala de Fillos Adoptivos

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2771) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2672) sindicatos (109) Social (551) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (580) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.