Melide, 19 de xullo do 2022 – Xosé Manuel Pérez Penas, ten unha dilatada traxectoria política que comeza na década dos oitenta como concelleiro no seu pobo, Melide. Foi número dous dun partido chamada Unidade dos veciños e como número un estaba o activista cultural Mingos de Pita.
Integrase no BNG e múdase a vivir a Oroso onde se presenta como candidato no 2007 e consegue un concelleiro. Tras pactar co PSdeGa convértese en primeiro tenente de alcalde. Tras unhas lexislaturas na oposición polas maiorías absolutas socialistas, no 2018 volve a Melide. Nas últimas eleccións, 2019, encabeza a lista de Adiante Melide coa que consegue arrebatar a alcaldía ao PP de Dalia García, formando un goberno de coalición co grupo socialista.
Esta é a primeira entrevista que concede en esta lexislatura. Pérez, como o coñece todo o mundo, prefire a discreción e de feito se repasamos as imaxes da última festa do Melindre é máis doado atopar a outros políticos antes que a él. A primeira pregunta vai en ese sentido, sobre esa preferencia por estar nun segundo plano
Aínda que preguntamos por esa dilatada traxectoria política o alcalde enseguida pasa a falar do concello e establecer as diferencias, bastante claras, entre Oroso e Melide. A vila que dirixe ten un importante mercado interno moi consolidado e a liña de traballo vai dirixida a buscar o crecemento do tecido empresarial
Antes de ir a temas máis concretos preguntamos pola saúde da coalición. Un pacto que se mantén estable desde o inicio da lexislatura pese ao complicado de estes anos e das duras críticas da oposición
Un dos problemas recorrentes nos últimos anos foi precisamente os vertidos de algunhas empresas do polígono industrial. Unha situación consecuencia dunha mala planificación inicial pero que están, a día de hoxe, solucionados
Non sucede o mesmo coa parte medio ambiental, referida en especial ao río Furelos. En este apartado Xosé Manuel Pérez é especialmente crítico xa que explica que se lles esixen solucións que o Partido Popular, gobernando moitos máis anos, non foi capaz de atopar
Non foi menos polémica a protección do patrimonio. Melide é unha das vilas máis importantes do camiño de Santiago e son abundantes os seus tesouros. Desde o cruceiro máis antigo de. Galicia, a piques de ser restaurado, ata a ponte de Furelos, un amplo catálogo que dou para moito nos últimos anos
Non podíamos rematar sen falar da pandemia. Foi sen dúbida o que marcosu esta lexislatura por moito que o paso do tempo a vaia afastando dos titulares. Xosé Manuel Pérez non entra a fondo na cuestión pero si lembra que se perdeu un ano e que son temas cos que non se debería facer política
O actual alcalde de Melide é un veciño do pobo, algo que vai máis alá de vivir en Melide. Cando un está na rúa con Xosé Manuel Pérez comproba que existe esa relación que permite que o saúden e saudar polo nome ás persoas coas que se cruza. Non é algo que axude a xestionar pero que proporciona unha proximidade coa veciñanza necesaria para exercer de alcalde.
A menos dun ano das vindeiras eleccións, e tras moito insistir, queremos agradecer desde Lindeiros a deferencia de Xosé Manuel Pérez co noso medio e a súa amabilidade. Tras a entrevista volve á discreción do despacho e ao cargo que nuns meses intentará revalidar.