Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Entrevistas
  • Negreira

Alcaldes: Manuel Ángel Leis, Negreira

Entrevistamos a Manuel Ángel Leis a pouco máis dun ano para as eleccións municipais. Volvemos a Negreira para repasar a situación do concello.
negreira-entrevista-alcalde-manuel-angel-leis-slide-1-febreiro-2022_r

Negreira, 1 de febreiro do 2022 – Entrevistamos a Manuel Ángel Leis no mes de xullo do 2020, a pouco máis dun ano para as seguintes eleccións municipais volvemos a Negreira para repasar con el a situación do concello.

Comezamos por pedirlle unha valoración de estes case tres anos de lexislatura como alcalde de Negreira e unha mirada cara ao que queda. Leis explica que é o momento de poñer o “broche” a esta etapa e rematar algunhas das accións que contiña o programa electoral. unha importante subvención do IDAE e a modificación do PXOM son parte de eses proxectos.

https://lindeiros.net/wp-content/uploads/2022/02/01-manuel-angel-lesi-alcalde-negreira-valoracion-lexislatura-1-febre-2022.mp3

Negreira viviu en esta lexislatura obras nas súas estradas principais, AV Brañas, Barcala e Santiago, pero moi importante foi tamén os arranxos na rúa Teresa Fabeiro que conseguiron acabar coas inundacións que cada inverno sufrían.

https://lindeiros.net/wp-content/uploads/2022/02/02-manuel-angel-lesi-alcalde-negreira-obras-en-ruas-1-febre-2022.mp3

 A Deputación é unha parte fundamental nos plans de obras de tódolos concellos. A maioría de construcións ou reparacións en rúas, estradas ou locais non serían posibles sen os POS do organismo provincial. Leis louba o traballo do ente provincial que permitiu mellorar as estradas polas que discorre o Camiño a Fisterra Muxía e a Pontenafonso. esta última obramoi dilatada no tempo polas dificultades para a cesión de terreos e expropiacións que se tiveron que realizar.

https://lindeiros.net/wp-content/uploads/2022/02/03-manuel-angel-lesi-alcalde-negreira-estradas-fisterra-pontenafonso-1-febre-2022.mp3

Negreira é un dos concellos que se ve máis ameazado polos eólicos. Realizábamos a entrevista o pasado día 28, un día no que o PSdeG Psoe levaba ao Parlamento Galego unha iniciativa sobre este tema. Manuel Ángel Leis explica que eles traballan xunto cos veciños para parar uns proxectos desproporcionados. Na actualidade ten solicitada unha entrevista co Conselleiro para analizar todas estas peticións presentadas polas compañías.

https://lindeiros.net/wp-content/uploads/2022/02/04-manuel-angel-lesi-alcalde-negreira-eolicos-1-febre-2022.mp3

Recentemente o alcalde de Negreira mantivo unha reunión coa Consellería de Sanidade polos problemas do Centro de Saúde. A falta de espazo para algúns dos servizos fai que compartan espazos co PAC e teñan que rematar media hora antes para que se poida facer a limpeza. Non é o único problema e a proposta que o alcalde levou foi a de un novo edificio

https://lindeiros.net/wp-content/uploads/2022/02/05-manuel-angel-lesi-alcalde-centro-saude-1-febre-2022.mp3
Imaxe de arquivo de xullo do 2020

No plano político Negreira é unha illa socialista nunha bisbarra moi convulsionada. En ocasións para ben como o paso de José MIñones a Delegado do Goberno que motivou que Blas García accedese ao cargo de alcalde. En outros concellos como Santa Comba ou A Baña as cousas non foron tan doadas. Manuel Ángel Leis explica que no caso de Negreira a tranquilidade é total, que sempre foron capaces de dialogar con todo o mundo e que están centrados no traballo diario. Dentro dun ano, engade, a cidadanía terá que decidir se continúan ou queren un cambio.

https://lindeiros.net/wp-content/uploads/2022/02/06-manuel-angel-lesi-alcalde-politca-1-febre-2022.mp3

A medida que foi pasado o tempo Manuel Ángel Leis foi asentándose máis como alcalde de Negreira. Desde o punto de vista do xornalista é un alcalde ao que un pode preguntarlle case por calquera cousa polo coñecemento que ten do seu pobo. O seu traballo, como el mesmo di, o terá que xulgar a veciñanza pero sen duda en esta lexislatura quedan moitos proxectos rematados o que, nos tempos que vivimos, non é pouco.

Post navigation

Previous: Silleda abandona o Plan de Axuste Económico que comezara no 2012
Next: “Bota a lingua a pacer”, un roteiro para celebrar o Día dos Medios en Galego

Máis novas

diego luis diaz alcalde val do dubra primer plano 5 outubro 2026
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Diego Luís Díaz, alcalde de Val do Dubra

roberto rey alcalde de frades 2
2 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Roberto Rey, alcalde de Frades

Carlos Martinez alcalde de Vedra DSC_6119_r
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Carlos Martínez, alcalde de Vedra

Lucía Calvo de la Uz alcaldesa de Teo polo Partido Popular
4 minutes read
  • Entrevistas

Municipais 2027: Lucía  Calvo, alcaldesa de Teo

Goreti-Sanmartin-alcaldesa-de-Santiago-normal-30-xunho-2023_6543_r
4 minutes read
  • Compostela

Municipais 2027: Goretti Sanmartín, alcaldesa de Santiago

A Baña recupera o servizo de normalizació lingüística que compartirça con Negreira
3 minutes read
  • A Baña

A Baña recupera o Servizo de Normalización Lingüística

Imaxe da Ponte Maceira nas Noites en Vela nuha edición pasada
3 minutes read
  • Xeral

Hoxe chegan as Noites en Vela de Ponte Maceira

Cartel da edición 2026 do Delas Fest
3 minutes read
  • Axenda

Delas Fest 2026

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.