Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Entrevistas
  • Porto do Son

Alcaldes: Luís Oujo, Porto do Son

Engadimos un alcalde, Luís Oujo,  á lista de rexedores e, de paso, engadimos un concello, Porto do Son,
Luis-Oujo_alcalde-de-Porto-do-Son-slide-20-xunho-2022_9757_r

Porto do Son, 20 de xuño do 2022 – Engadimos un alcalde, Luís Oujo,  á lista de rexedores e, de paso, engadimos un concello, Porto do Son,  do que non temos falado moito pero que pertence sen dúbida á bisbarra de Compostela.

Asentado entre Ribeira e Noia, Porto do Son ten dez mil habitantes e case que trinta quilómetros de costa ademais dun porto de cerco dos máis importantes en Portosín. Luís Oujo foi presidente da asociación de empresarios e no 2011 acadou a alcaldía grazas a unha coalición cunha formación independente, No 2015 revalidou o cargo xa con maioría absoluta, resultado que se repetiría no 2019.

A un ano vista das eleccións municipais comezamos falando de esa cita pero tamén da valoración que fai de todos estes anos ocupando o cargo de rexedor. Explica que as maiorías absolutas son moi difíciles e que se non a consegue non gobernará.

Pasar de presidir unha asociación de empresarios, ou de calquera tipo, a ser alcalde leva aparellado unha carga inevitable. Pásase de pedir a ter que xestionar as peticións. Oujo asegura que un ten que intentar sacar adiante as demandas coas que chega, pensando tamén no resto do pobo, e que non se pode cambiar de ideas.

Conversando sobre a xestión o alcalde reflexiona sobre o modelo de traballo que aplican. Unha fórmula que da un bo exemplo de que como a implicación da cidadanía é maior cando é consultada. Por outra banda as obras realizadas motivan aos particulares a arranxar tamén as súas propiedades

A implicación da cidadanía será tamén imprescindible para o futuro da planta de reciclase de Servia, en Lousame. Luís Oujo recoñece que é un tema do que se terán que sentarse a falar non só os alcaldes, tamén terán que dar a súa opinión os traballadores e os distintos partidos. A súa viabilidade pasa por unha maior eficiencia do traballo que se fai na actualidade.

Ao falar de proxectos pendentes o alcalde laméntase das circunstancias que impediron, polo de agora, poñer en marcha o polígono industrial. Esa iniciativa e a mellora das canalizacións de auga son dúas das súas maiores preocupacións

Non podíamos rematar a conversa sen falar do Rompetiño jump. Un festival de cultura urbana que non deixou de crecer e que celebrará unha nova edición o vindeiro mes de xullo. Oujo destaca o coidado que os organizadores poñen e preservar o entorno e na procura dun bo ambiente

Luís Oujo naceu en Baroña, é un alcalde que coñece o seu concello á perfección. Non precisa dicir con palabras que se sinte orgulloso de ser de Porto do Son porque é algo que se escoita detrás de cada unha das súas declaracións.  

Casa do concello

A un ano das eleccións mantén a prudencia pero dedúcese da súas palabras que fixo todo o posible para revalidar a confianza da veciñanza. A súa actitude é ao mesmo tempo a precisa para,  se non a consigue e pasa á oposición, seguirá traballando como fixo ata o de agora.

Post navigation

Previous: A Praza da Feira da estrada ábrese tras rematar a súa humanización
Next: A Universidade pintada, a mirada pictórica de Isabel Rey sobre a USC

Máis novas

Lucía Calvo de la Uz alcaldesa de Teo polo Partido Popular
4 minutes read
  • Entrevistas

Municipais 2027: Lucía  Calvo, alcaldesa de Teo

Goreti-Sanmartin-alcaldesa-de-Santiago-normal-30-xunho-2023_6543_r
4 minutes read
  • Compostela

Municipais 2027: Goretti Sanmartín, alcaldesa de Santiago

Pela del Álamo na inauguración da edición 23 de Curtocircuíto, xullo 2026
3 minutes read
  • Xeral

Parolando con Pela del Álamo, director de Curtocircuíto

Baldur Brönnimann director da Real Filharmonía de Galicia
3 minutes read
  • Entrevistas

Musicas na Linde: Baldur Brönnimann, director da Real Filharmonía de Galicia

_017Filomena Fraga DSC_0367 slide_r
3 minutes read
  • Entrevistas

A poeta de Ames, Filomena Fraga, é centenaria

Cartel que da paso a exposición Antifémina no Auditorio de Galicia
5 minutes read
  • Axenda

Antifémina Colita, unha exposición imprescindible no Auditorio de Galicia

656257317_1346273547534341_7414503957979043995_n
3 minutes read
  • Compostela

Parolando con Rosa Crujeiras, Reitora da Universidade de Santiago de Compostela

Un dos momentos da deustación de arroz de Valencia no Café de Altamira
2 minutes read
  • Axenda

Arroz con nome propio no Café de Altamira

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (733) Politica (945) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.