Hai un ano e 3 meses que o socialista Juan Manuel Rodríguez converteuse no alcalde de Cerceda e no rexedor máis xove da comarca.
É novo por idade, 29 anos, e por traxectoria. No 2015 foi como terceiro suplente na lista electoral e catro anos despois dou o salto ao número dous, detrás do xa ex alcalde García Liñares. Desde a súa entrada como concelleiro ata ao paso a alcaldía encargouse da área de benestar e servizos sociais, toda unha práctica para que viría e co que ninguén contaba,
Unha das cousas que Juan Manuel Rodríguez pon sobre a mesa cando fala do 2020 é o “desaxuste” entre as leis e as necesidade de actuar dos concellos
Por outra banda Juan Manuel Rodríguez, licenciado en socioloxía, viviu a pandemia desde unha perspectiva analítica que o leva a falar dun incremento do control da poboación que, explica, será difícil de retirar
Pese a esa opinión o rexedor é consciente da necesidade do acceso á rede no rural e das poucas ferramentas con que contan os concellos
Podes escoitar a entrevista completa no noso podcast descargando a app de Patreón en android ou en IOS . Ou si o prefires directamente desde a web https://www.patreon.com/lindeiros
En canto ao traballo a desenvolver, considera necesario o mantemento dos servizos xa que as inversións acaban sendo gasto corrente e polo tanto hai que medilas moi ben
Juan Manuel Rodríguez fai co seu discurso que se esqueza rápido a súa idade. Calquera tentación de falar de pouca experiencia queda agochada pola madurez das súas opinións. Sensatez é prudencia son dous adxetivos que, polo menos en esta entrevista, se lle deben de aplicar. O tempo dirá que xestión é capaz de facer en tempos tan complexos.