Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • A Estrada
  • Entrevistas

Alcaldes: José Carlos López, A Estrada

Achegámonos a Estrada continuando coas conversas cos alcaldes da bisbarra cando queda un ano para as vindeiras eleccións municipais.
Jose-Carlos-Lopez-alcalde-de-A-Estrada-slide-15-xunho-2022_9408_r

A Estrada, 15 de xuño do 2022 – Achegámonos a Estrada continuando coas conversas cos alcaldes da bisbarra cando queda un ano para as vindeiras eleccións municipais.

Falabamos con José Carlos López no 2017 e desde aquela revalidou o cargo de alcalde con maioría absoluta e mesmo sumou un concelleiro máis na corporación. Máis coma todos os alcaldes tivo que xestionar a pandemia no que considera unha lexislatura rara, difícil e ao mesmo tempo emocionante ao ter que enfrontarse a situacións que nunca se viviran.

En todos os municipios en xeral  pero en especial na Estrada, un dos concellos máis extensos de todo o estado español, o debate sobre como organizamos o territorio púxose de manifesto ao longo dos dous últimos anos. As administracións locais acaban por ter que soster os servizos nunha situación de emerxencia, sexan ou non competencia súa.

Carlos López é moi consciente de que se trata dunha discusión que ten que estar sobre a mesa, que antes o despois terase que afrontar con valentía. Para el ten que ser o centro dun pacto de estado no que se impliquen todas as forzas políticas.

Como dicíamos A Estrada é don concellos con máis territorio de toda España. Preguntamos pola mobilidade, por como manter esa rede de estradas locais pero tamén polo remate da autovía con Santiago e polo funcionamento do transporte metropolitano.

Quixemos preguntar tamén por un elemento patrimonial que de cando en vez volve ao debate sobre a posibilidade da súa recuperación.  A Torre de Guimarei, declarada ben de Interese Cultural, data do século XII e no XVII engadíuselle un pazo. José Carlos López explica que a relación cos propietarios na actualidade é boa pero non teñen intención de desfacerse dela aínda que non descarta que no futuro o concello poda adquirila si hay un cambio de posición.

O concello ven de desfrutar das festas do Salmón e da Sidra, dúas citas imprescindibles que condicionan ademais a economía do concello. O alcalde considera que hai que implicar máis a hostalería na primeira e destaca a boa evolución da segunda que en só nove edicións converteuse nun momento imprescindible do ano para moitos veciños.

José Carlos López é prudente cando fala das eleccións municipais do 2023 pero o certo é que no 2019 a veciñanza ampliou a confianza xa demostrada no 2015. Cinco anos despois da anterior conversa da a sensación de que o alcalde atopou unha liña de traballo na que se sinte cómodo e que, tras dous anos de adaptarse ás circunstancias, espera recuperar.

As municipais decidirán si eses plans convencen ou non e haberá tempo antes de esa cita de falar de todo o que ten que ver cun concello situado en Pontevedra pero que vive na bisbarra de Santiago.

Post navigation

Previous: Carbia deféndese reuniuse coa veciñanza sobre o estado de tramitación dos parques eólicos
Next: Décima edición do Festival Atlántica de narración oral

Máis novas

Alfonso Rueda percorrendo o novo tramo da AG-59
3 minutes read
  • Xeral

A Estrada máis cerca de Compostela

Pela del Álamo na inauguración da edición 23 de Curtocircuíto, xullo 2026
3 minutes read
  • Xeral

Parolando con Pela del Álamo, director de Curtocircuíto

Baldur Brönnimann director da Real Filharmonía de Galicia
3 minutes read
  • Entrevistas

Musicas na Linde: Baldur Brönnimann, director da Real Filharmonía de Galicia

Caratula do libro Andrómedas e Credos
2 minutes read
  • A Estrada

Presentación de “Andrómenas e credos. Suma mitolóxica de Cerdedo e Montes”

Cartel de presentación do libro na Asociación Vagalumes
2 minutes read
  • Xeral

A Asociación Vagalume presenta “Volveredes brindar por min. unha biografía de Begoña Caamaño”

_017Filomena Fraga DSC_0367 slide_r
3 minutes read
  • Entrevistas

A poeta de Ames, Filomena Fraga, é centenaria

Cartel concentración contra a pesca do salmón
5 minutes read
  • A Estrada

Piden a suspensión da pesca do salmón no Ulla

Cartel que da paso a exposición Antifémina no Auditorio de Galicia
5 minutes read
  • Axenda

Antifémina Colita, unha exposición imprescindible no Auditorio de Galicia

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.