Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Entrevistas
  • Xeral

Alcaldesas: Goretti Sanmartín, Compostela

Comezamos a serie de entrevistas con alcaldes e alcaldes en esta novo mandato con Goretti Sanmartín, a nova rexedora de Compostela.
Goreti-Sanmartin-alcaldesa-de-Santiago-slide-30-xunho-2023_6586_r

Goretti Sanmartín é a primeira alcaldesa de Santiago de Compostela. En realidade é a terceira porque dúas mulleres do BNG, Encarna Otero no 1999 e Soco García no 2008, foron alcaldesas en funcións por ausencias de Sánchez Bugallo nas vacacións de verán.

Tras oito anos na oposición, de 2015 a 2019 como número dous con Rubén Cela e desde hai catro anos como número un; ven de triplicar o número de concelleiros e adiantar en votos ao Psoe, ao que deixa sumido nunha crise local.

Comezamos a conversa preguntándolle como se sinte. Tanto Bugallo como Martiño Noriega xa foran alcaldes e tiñan unha idea aproximada dos primeiros pasos. Goretti ten experiencia política dabondo para afrontar o reto pero as sensacións teñen que ser moi especiais

A nova alcaldesa dicíanos antes das eleccións que o peor como candidata era ter que superar esa timidez que a caracteriza. Non podemos evitar recordarllo porque o bo resultado electoral, en este tema, a pon máis aínda baixo o foco

A costume non escrita de deixar cen días antes de comezar a facer unha oposición en serio non se respectou nin unhas horas. O mesmo día da investidura o Partido Popular convocaba aos medios a unhas declaracións nun dos salóns do concello. Para Goretti foi unha sorpresa esta actitude e engade que desde as propias filas do PP certas persoas recoñeceron que non estaban ao cen por cento con ese posicionamento

O outro partido que estará na oposición será o Psoe. Unha decisión que Goretti Sanmartín cualifica como “rara”. A alcaldesa esperaba que entraran no goberno e non se atrevería a dicir canto da decisión corresponde ao partido a nivel local e canto a nivel galego.

A primeira reunión formal do novo goberno foi con Antonio López, o reitor da USC. Concello e Universidade teñen desde hai anos unha tarefa pendente que é a de tirar partido da relación entre as institucións. Sempre se fala da necesaria colaboración pero parece que nunca chega a concretarse. En este novo tempo Sanmartín aposta por eliminar barreiras ficticias e traballar nun espazo único.

Falar de como están en concreto certos temas cando o goberno acaba de tomar posesión pode resultar precipitado. Decidimos preguntar polo nivel de dificultade que pensa que vai ter para sacar a diante certos temas. Un baremo no que 1 e moi pouca dificultade e 10 moita dificultade. Temas como a taxa turística, o contrato da auga, trasporte público ou Casa da Xuventude son algunhas das cuestións sobre as que pedimos a súa opinión sobre ese nivel de dificultade.

A última cuestión ten que ver coa comarca. Compostela adoita a vivir de costas aos concellos da bisbarra. Sanmartín explica que o BNG sempre aposta pola comarcalizacións que existen moitos temas nos que traballar conxuntamente.

Tras a timidez de Goretti Sanmartín agóchase un profundo coñecemento da cidade, tanto a nivel humano como político. Será unha lexislatura moi complexa pero a nova alcaldesa transmite unha sensación de eficiencia que terá que contar co resto dos grupos para facerse realidade.

Todos están de acordo en que Compostela necesita dar un xiro e encarar os vindeiros anos cunha idea distinta de cidade. No primeiro ano unhas eleccións xerais e unhas autonómicas o complican todo aínda máis. Ao fronte unha alcaldesa da que todos, propios e alleos,  recoñecen a capacidade de traballo, non é mal comezo.

Post navigation

Previous: A Baña recorre contra os parques eólicos de Troitomil e Vilartoxo
Next: XVII Festa do chourizo ao viño en Ortoño, Ames

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.