Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Padrón
  • Xeral

O alcalde de Padrón pasa un gasto de quilometraxe de 0,78 céntimos

padron pp gastos alcalde 23 xullo 2025

O PP de Padrón cualifica ao alcalde de “miserable” por cargar ao concello gastos de locomoción de 0,78 e 1,30 €

Que os alcaldes teñen que cobrar os gastos de desprazamento se levan o seu vehículo non só é legal, é de sentido común. Todos? O PP de Padrón abre un debate ético e cualifica ao alcalde, Anxo Rei, de “miserable” porque varios de eses custos non chegan aos 2 euros.

O tesoureiro da Xunta Xestora, Diego Pardal, considera “indignante” que o rexedor, Anxo Rei, que cobra 43.500 €, cargue ás arcas municipais os custos “irrisorios” de desprazamentos a reunións ou actos en Pontecesures ou Lestrobe (Dodro)

Pardal critica tamén que cargue ao concello “OS gastos das viaxes a Santiago para gravar “entrevistas de autobombo”. Para o PP estas prácticas son “pouco éticas e totalmente incongruentes co seu discurso, e destapan a verdadeira faciana política de Anxo Rei”.

Seis meses de dietas

Diego Pardal precisa que os integrantes da Xunta de Goberno Local do pasado día 27 de maio aprobaron unha remesa de gastos de locomoción e dietas do alcalde que comprende desde o 3 de xullo de 2024 ata o 24 de xaneiro de 2025 e que ascende a un importe total de 812,48 euros, figurando nesa relación algunhas indemnizacións que considera “indignantes” polo seu “ridículo importe” e pola “mínima distancia dos desprazamentos”.  

O concelleiro popular tacha de “especialmente mesquiño” que o rexedor local repercuta ás arcas municipais un gasto de 0,78 € por un desprazamento de tres quilómetros a Lestrobe (Dodro) o 8 de novembro de 2024 para asistir á clausura do Programa Integrado de Emprego; outra indemnización de 1,30 € por asistir o 17 de xaneiro de 2025 en Pontecesures á inauguración do Programa Integrado de Emprego; e outra indemnización de 1,56 € por asistir o 7 de xullo de 2024 á festa do Carmen de Pontecesures na igrexa de San Xiao.

A relación inclúe outras indemnizacións “sorprendentes” por importe de 2,60 € por 10 quilómetros de desprazamento para asistir en Rois a actos relacionados co Obradoiro de Garantía Xuvenil en outubro de 2024 ou incluso outros 2,60 € por percorrer 10 quilómetros o 10 de outubro de 2024 para asistir na Paxareira (Dodro) á xornada de portas abertas da Andaina Pro Saúde Mental.

Segundo o tesoureiro da Xunta Xestora do PP padronés, “estas prácticas, pouco éticas e totalmente incongruentes co discurso de Anxo Rei, destapan a súa verdadeira faciana política”, que na súa opinión é “a dun alcalde que predica unha cousa e fai a contraria e que está máis preocupado polo seu peto que polos intereses xerais da veciñanza”.

Diego Pardal destaca que “Non nos opoñemos a que o alcalde perciba as indemnizacións que lle corresponden por dietas e gastos de locomoción, pero cremos que é inadmisible un comportamento tan ruín e miserable cando o propio Anxo Rei vai dando leccións de vida e de xestión pola rúa e nas redes sociais”. “Ademais, estamos a falar de que Anxo Rei é o alcalde do goberno máis caro de toda a historia recente de Padrón, xa que incrementou as retribucións do executivo local nun 55%;  é tamén o alcalde que aprobou ás agachadas unha subida da taxa do lixo que pronto comezará a notar a veciñanza nos seus recibos; e é o alcalde que agora descubrimos que tamén lle carga ás arcas municipais os gastos dos seus desprazamentos a Santiago para gravar entrevistas de autobombo que paga cos cartos de todos os padroneses e padronesas”, resaltou Diego Pardal.

Post navigation

Previous: Dodro aproba a nova Relación de Postos de Traballo, RPT
Next: Esixen a renovación do Centro de Saúde de Negreira

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.