Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Brión
  • Entrevistas
  • Xeral

Alcaldes: Pablo Lago, Brión

Pablo Lago chegou á alcaldía de Brión hai dous anos. Sustituía a José Luís Garçia que fora rexedor corenta, todo un reto que supera cada día.
Pablo-Lago-alcalde-de-Brion-slide-26-outubro-2022_0537_r

A realidade vai tan rápida que as veces os parece que os políticos levan aí moito tempo pero Pablo Lago chego en outubro do 2020 á alcaldía de Brión. Como contabamos en outubro de aquel ano, é complicado substituír a un alcalde como José Luís García que levaba corenta anos no cargo e moito máis en plena pandemia.

Dous anos despois falamos de novo con Pablo Lago. Un tempo no que non deixou de traballar e que supuxo a ampliación da sede do GES de Brión, conseguir o primeiro parque infantil cuberto do concello ou intentar mellorar os núcleos máis rurais, algo complicado pola falta de persoal

O GES de Brión é precisamente un dos servizos máis valorados da bisbarra. Un grupo que axuda a diario en múltiples incidencias e do que formou parte o alcalde nos comezos da agrupación. Este ano ademais da ampliación da sede recibiu novo equipamento desde a Xunta de Galicia

Un dos temas candentes é a situación da Mancomunidade Serra do Barbanza. O remate do acordo de 25 anos asinado con FCC obriga a tomar decisións sobre o futuro da planta. Por outra banda Brión ven de renovar a concesión da auga, un servizo para o que están sobre a mesa novos proxectos

Cando un pregunta por un proxecto que lle gustaría rematar antes das eleccións Pablo Lago non duda. Lembra que non traballa pensando nas eleccións, e de feito nas últimas nin pensaba en ser alcalde, pero que si que intentará que comece a súa andaina o proxecto do novo auditorio para o concello

Si hai algo no que destaca Brión é no eido da cultura. O premio Laudamuco de textos teatrais, os encontros coa arte, este ano tivo lugar unha reunión de ámbito nacional de ceramistas… unha lista moi importante para un concello tan pequeno pero que se mantén en boas condicións ano a ano. Pablo Lago explica que a el como alcalde tócalle mostrala pero que o mérito e de Alberto, o técnico que é o que fai o traballo.

Este ano tamén se pode falar dunha Santa Minia totalmente recuperada. Unha das festas da comarca con máis sona e que encheu o campo da festa con dez mil persoas, unha cifra que fala das ganas da xente de volver ás romarías

Pablo Lago prefire a rúa que o despacho. Dicíanos cando tomou posesión que o que peor levaba era a exposición pública e non mudou en ese sentimento. A diferencia de outros alcaldes que se pasan o día nas redes sociais a el é máis doado velo revisando obras polas aldeas ou preparando novos proxectos. Un xeito de ser e de traballar que dentro de pouco tempo terá que ser valorado por primeira vez polos veciños.

Post navigation

Previous: Convocan folga indefinida nos servizos de axuda no fogar
Next: V edición de Compostela Ilustrada

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.