Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Ordes

O alcalde de ordes fai unha chamada para combater o vandalismo

ordes psoe pleno slide 29 maio do 2017 (1)_r

Ordes, 13 de xullo do 2017 –  O alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, vén de manifestarlles aos representantes dos principais corpos de seguridade a súa preocupación e descontento ante os diversos casos de vandalismo rexistrados nas últimas semanas.

Entre os casos máis visibles de vandalismo pódense citar as recentes pintadas realizadas en diversos lugares públicos da vila ordense, un feito que se repite noutras vilas e núcleos urbanos similares, e nas que abundan as mensaxes de carácter político. Ademais disto tamén se teñen rexistrado roubos, como por exemplo o de bancos no paseo Iván Raña ou o de varias aves das que habitan no paseo fluvial Ramiro Recouso. Tamén se denuncia a rotura de elementos do mobiliario urbano, como o caso de varias varandas en distintos puntos ou bambáns en varios dos parques municipais.

O rexedor anima a veciñanza a combater o vandalismo e colaborar así co traballo de Policía local e a Garda Civil “Pedímoslle que cada vez que sexan testemuñas dun acto desta índole o poñan en coñecemento inmediatamente das forzas de seguridade. Moi especialmente pola noite, que é cando se reduce o número de efectivos na localidade, polo que o máis aconsellable é contactar coas dependencias de Garda Civil chamando ao 062. Durante o día tamén se pode contactar coa Policía Local de Ordes no 676975533”.

Martínez Sanjurjo apela á conciencia e ao civismo dos veciños e veciñas para “respectar o que é de todos e cada un e unha de nós”. Comportamentos deste tipo supoñen “un grave prexuízo económico para os petos dos contribuíntes e unha deterioración do contorno do noso día a día”. 

Post navigation

Previous: Os contratos de Compostela incluirán cláusulas sociais
Next: O Vía Sacra Fest acolle ao dúo belga Vandenabeele Knapen

Máis novas

UNha das troitas mortas no río Cabró en Ordes
1 minute read
  • Xeral

Troitas mortas no río Cabrón en Ordes

Estrada N-550 ao seu paso por Ordes
4 minutes read
  • Xeral

Ordes e as rotondas motivo de enfrontamento político

Cartel que anuncia o acto de homenaxe a Manuel Viqueira o gaiteiro de Vilaverde
2 minutes read
  • Axenda

O Gaiteiro de Vilaverde terá unha estatua en Ordes

Imaxe das obras de demolición en Ordes
2 minutes read
  • Xeral

Denuncian a inseguridade dunhas obras de demolición do concello de Ordes

O socialista Aitor Bouza levou ao Parlamento a situación do centro de saúde de Ordes
2 minutes read
  • Xeral

Seguen as queixas polas deficiencias en centros de saúde

deputacion plan unico ordes 6 marzo 2026
4 minutes read
  • Ordes

A Deputación reclama máis investimento da Xunta na comarca

deputacion apoio ordes 12 febreiro 2026
2 minutes read
  • Ordes

Apoio da Deputación ás empresas e autónomos de Ordes

MANCOMUNIDADE ORDES VIOLENCIA DE XENERO 10 FEBREIRO 2026
2 minutes read
  • Ordes

Loita contra a violencia de xénero na Mancomunidade de Ordes

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2771) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2672) sindicatos (109) Social (551) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (580) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.