займ срочно

Alberto Lavandeira, CEO de Atalaya Mining propietaria de mina de Touro: “presentaremos la petición tantas veces como sea necesario”

0

Touro, 10 de decembro do 2021 – Hai un ano e medio Alberto Lavandeira, CEO de Atalaya Mining, mostrábase  disposto a pedir autorizacións para a mina de Touro as veces que foran necesarias ata conseguilo.

A páxina da Facebook Oro NO, que loita contra a instalación dunha mina en Tapia de Casariego, recuperaba este xoves a entrevista, de xullo do 2020, na que Lavandeira falaba tamén do proxecto de Touro deixando interesantes declaracións que recuperamos.  A conversa tiña lugar no canal de Youtube Academia de Inversión, dedicado a inversión en bola e en valores.

Nunha longa entrevista lembraba a súa carreira profesional e deixaba algunhas declaracións curiosas sobre o negocio da minería en xeral e sobre a mina de Touro en particular. Por exemplo que hai que ter coidado coas presentacións de proxectos que se fan porque hai moita mentira

Unha mineira júnior é unha empresa en busca de novos depósitos de minerais e polo tanto existe unha grande incerteza sobre o seu futuro. Falando xa de Atalaya Mining Lavandeira considera que se trata dunha empresa infravalorada. Sorprende os datos que da sobre Riotinto xa que asegura que, ante un investimento previsto de 300 millóns de dólares, reduciron á metade o gasto, tres anos a dous e duplicaron a produción aínda que non explica onde reduciron os gastos

Sobre o proyecto de Touro o CEO de Atalaya Mining di que eles garantían que non existiría risco pero que os técnicos da Xunta non os creron e espera volver a presentar a petición tantas veces como sexa necesario

Sorprende aínda máis a seguinte declaración. Alberto Lavandeira considera que están facendo as cousas ben e se non se consiguen os permisos será porque “a administración non sabe esixir as condicións adecuadas para que se faga ben”

Sobre a contaminación Lavandeira considera que “si hay una inversión de doscientos millones no hay contaminación”. Explica que non se pode dar porque os traballadores non votarían nada ao río e o Seprona non o permitiría. Suliña ademais que o apoio a mina en Touro “es total” y que se trata de un tema que está politizado

A conversa completa sobre a súa traxectoria e sobre a inversión en minas pode verse no seguinte vídeo

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies