Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral

O profesor emérito  da USC Alberto Arce Arce, condecorado coa Encomenda da Orde Civil de Alfonso X o Sabio

usc alberto arce medalla slide 15 abril 2017_r

Table of Contents

Toggle
  • Compostela, 15 de abril do 2017 –  O ministro de Educación, Cultura e Deporte impúxolle ao catedrático xubilado da USC Alberto Arce Arce a Encomenda da Orde Civil de Alfonso X o Sabio polas súas cinco décadas de dedicación ao eido académico, investigador e de xestión universitarias.
    • Alberto Arce

Compostela, 15 de abril do 2017 –  O ministro de Educación, Cultura e Deporte impúxolle ao catedrático xubilado da USC Alberto Arce Arce a Encomenda da Orde Civil de Alfonso X o Sabio polas súas cinco décadas de dedicación ao eido académico, investigador e de xestión universitarias.

O profesor Arce é “unha referencia no eido da Enxeñaría Química en España”, segundo recolle o comunicado do Ministerio.

A imposición realizouse no Auditorio Nacional en Madrid nunha sesión que presidiu o ministro Íñigo Méndez e Vigo e á que tamén asistiron o subsecretario de Educación, Cultura e Deporte, José Canal Muñoz;  o secretario de Estado de Cultura, Fernando Benzo Sainz; e o director do Gabinete do Secretario  de  Estado  de  Educación,  Formación  Profesional  e Universidades, José Manuel López-Cogolludo.

Na Universidade de Santiago Alberto Arce impartiu máis de 20 materias diferentes en áreas de Química Industrial e Enxeñaría Química, dirixiu 25 teses de doutoramento e máis de 60 proxectos fin de carreira e traballos de fin de grao e tivo un papel moi activo nas comisiones de implantación na USC da especialidade de Química Industrial dentro da Sección de Química, a titulación de Enxeñaría Química, o grao de Enxeñaría Química e o Máster de Enxeñaría Química e Bioprocesos.

Alberto Arce

O profesor Arce defendeu en 1970 a súa tese doutoral baixo a dirección do profesor Gabriel Tojo e na actualidade é profesor emérito na Escola Técnica Superior de Enxeñaría. En 1976 crea o seu propio grupo de investigación, Procesos de Separación e Equilibrio entre Fases, do que aínda é coordinador. Ao longo da súa traxectoria académica participou en 12 proxectos de investigación autonómicos, 9 estatais e 3 europeos. Cun factor h de 37, posúe 185 publicacións indexadas na ISI Web of Knowledge e máis de 4.000 citacións.

É pioneiro en España na investigación con líquidos iónicos na área de enxeñaría química e autor dunha patente internacional, aprobada con exame, para a síntese de nanopartículas con líquidos iónicos. A súa capacidade de formación de investigadores colocou os seus doutorandos en recoñecidos postos de investigación en todo o mundo (Bayer, CEPSA, Dow Chemical, Inditex…). O seu gran prestixio internacional levouno a ser nomeado representante español do Working Party on Thermodynamics and Transport Properties da Federación Europea de Enxeñaría Química.

Post navigation

Previous: Pacto X Ames denuncia que a primeira Tenente de alcalde Genma Otero impide que donen 7.000 euros
Next: Frades clausurou cunha comida o curso de poda e enxertos

Máis novas

diego luis diaz alcalde val do dubra primer plano 5 outubro 2026
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Diego Luís Díaz, alcalde de Val do Dubra

a banha nova umeracion 5 outubro 2026
3 minutes read
  • A Baña

A Baña prepara a nova numeración municipal en 11 parroquias

santa comba mellora de viarios 5 outubro 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Santa Comba licita a mellora de viarios

museo do pobo programacion slide otubro (3)
6 minutes read
  • Xeral

Outubro no Museo do Pobo Galego

ateneo avaro ortiz 5 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Álvaro García Ortiz da unha conferencia no Ateneo

deputacion-variante-cacheiras-slide-18-outubro-2018_r
2 minutes read
  • Xeral

Problemas nas obras da variante de Cacheiras

compostela-transporte-urbano-slide-30-agosto-2022_r
2 minutes read
  • Xeral

O concello de Teo esixe manter a liña 12 do urbano de Santiago

usc territorios que lideran 2 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

A USC impulsa o Foro “Territorios que lideran”

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2814) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (449) Educación (776) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (823) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (735) Politica (949) saúde (533) Servizos (2698) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (585) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.