Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Noia

Albariza en Noia mellora o saneamento e abastecemento

O Concello de Noia ven de rematar as obras na Albariza tras dous meses de traballos

Obras no lugar de Albariza en Noia

Obras no lugar de Albariza en Noia

Noia, 30/04/2026 – O Concello de Noia vén de dar por rematadas as obras de instalación de saneamento separativo, pavimentación e dotación de subministración de auga potable no núcleo da Albariza, unha actuación que se desenvolveu ao longo dos dous últimos meses.

O concelleiro de Obras, Manolo Seijas, destacou a relevancia desta intervención en Albariza, subliñando que se trata da primeira obra executada con medios propios municipais nos últimos dez anos. Neste sentido, explicou que esta fórmula permitiu un aforro aproximado de 30.000 euros para as arcas municipais.

Seijas quixo tamén amosar o seu agradecemento a todo o persoal implicado na execución dos traballos, recoñecendo o seu esforzo e compromiso para levar a cabo a actuación en tempo e forma.

Así mesmo, o edil lembrou que “a ampliación da rede de saneamento separativo é un compromiso que adquirimos ca veciñanza. O reto é continuar desenvolvendoa a pesar da difícil situación económica que herdamos”.

“Ningunha parroquia é pequena cando se fala dos servizos básicos”, engadiu o tenente de alcalde.

Post navigation

Previous: Chega ás salas “Así chegou a noite”
Next: O Concello de Teo nomea a Hugo Vázquez, Ramón Villares e Ignacio Balboa como fillos adoptivos

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.