Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Boqueixón
  • Compostela
  • Xeral

Alba de Groria no Pico Sacro

alba-de-gloria-no-pico-sacro-slide-17-xullo-2024

Un ano máis a Federación Galiza Cultura, da man da AC. O Galo e a AC Vagalumes celebran no cumio do Pico Sacro a Alba de Groria

Corría o ano 1948 cando Alfonso Daniel Rodríguez Castelao subíase ao escenario do Teatro Argentino de Buenos Aires no festival que celebraba o Centro Galego da cidade. O seu discurso, as súas verbas, conmemoraban o Día da Patria Galega e foi publicado días despois na Nosa Terra para ser coñecido desde entón como Alba de Groria.

Un discurso que Castelao comezara a escribir un ano antes en Marsella, Francia. Un texto dos máis fermosos de Castelao e que coa nova do seu pasamento un grupo de amigos lembraron subindo ao Pico Sacro.

Desde o 2011 esta subida e lectura da Alba de Groria conmemorase por parte da Federación Galiza Cultura, da man da AC. O Galo e a AC Vagalumes, canto máis este ano que se cumpren 75 anos da súa morte.

Este sábado 19 terán lugar estes actos que comezarán coa benvida e subida do último tramo co seguinte programa:

12:00h.: Benvida e intervención de Manuel Rey profesor e estudoso da figura de Castelao.

12:30h.: Subida ao último treito do cumio do Pico Sacro con parada na capela. Xa no petouto, as AC. Vagalumes, AC. O Galo e varias asistentes, lerán Alba de Gloria de Castelao.

13:30h.: Baixada con parada para ver a chamada cova e a rúa da Raíña Lupa.

15:00h. aprox.: Xantar de convivio no val do Ulla. O lugar depende da climatoloxia e cada quen levará a súa comida, bebida e os aparellos necesarios.

17:30h. aprox: Saída para Compostela para ollar, no salón Fonseca da USC, a exposición Traxes e colores de Galiza. Identidade Nacional nas artes Plásticas de Castelao, mostra comisariada por David Quiñones e promovida por pola Asociación Etnográfica Sete Espadelas, con motivo do 75 cabodano do pasamento de Castelao.

Máis sobre Alba de Groria

https://consellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2018_Alba-de-gloria.pdf

Post navigation

Previous: A Real Filharmonía de Galicia ofrecerá dous concertos na Igrexa de Santo Agostiño en Santiago
Next: Ames obrigado a pechar a piscina do Milladoiro

Máis novas

Teo lugar no que se situaría a planta de residuos de Cacheiras
4 minutes read
  • Xeral

Segue a preocupación en Cacheiras, Teo, pola instalación da planta de reciclaxe

compostela vista posterior pazo raxoi imaxe google maps
3 minutes read
  • Compostela

Compostela recepcionará as obras do Pazo de Raxoi

granell slide
2 minutes read
  • Axenda

Alejandra Pombo presenta na Granell “o que me mira rodeándome”

Presentación en Melide a campaña "No caminas sola" do Miisterior del INterior
3 minutes read
  • Xeral

“No caminas sola”, prevención nos Camiños a Santiago

Presentación en Compopstela do manifesto "Por u monte galego con futuro"
13 minutes read
  • Xeral

Por un monte galego con futuro

Ortoño celebrará o vindeiro domingo vinte anos da Festa do Courizo ao Viño. Organizada pola Asociación Gastronómica, Recreativa e Cultural do Chourizo ao viño degustará tamén orella cocida e todo com guarnición de cachelos.
4 minutes read
  • Xeral

XX Festa do Chourizo ao Viño de Ortoño

O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e o chef Álex Iglesias presentaron os “Tardeos no Pico Sacro”, unha iniciativa do Concello para poñer en valor o seu enclave turístico máis importante, que acaba de ser elixido pola Xunta para converterse en Ben de Interese Cultural, a través dunha nova e completa oferta cultural, turística e gastronómica.
4 minutes read
  • Axenda

“Tardeos no Pico Sacro” a proposta de Boqueixón para un verá diferente

Os alcaldes de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e Touro, José Manuel Reboredo, nunha das zanxas de canalización de auga
4 minutes read
  • Boqueixón

Boqueixón e Touro colaborarán no abastecemento de auga potable

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2768) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (608) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1427) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1616) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (810) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (726) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (549) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.