Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Compostela
  • Xeral

Aida Fernández Riós, Científica Galega do Ano, nos Luns do Ateneo

O profesor de Investigación do CSI, Fiz Fernández, será o encargado de impartir a charla

Fiz Fernández será o encargado de impartir a charla nos Luns do Ateneo

Compostela, 30/05/2026 – O Ateneo de Santiago, en colaboración coa Real Academia Galega de Ciencias, celebrará o vindeiro luns, 1 de xuño, ás 19.30 horas, unha nova sesión dos Luns do Ateneo na Rúa do Vilar, 19.

A conferencia, titulada «Aida Fernández Ríos: da produtividade das rías á acidificación oceánica», estará impartida por Fiz Fernández, Profesor de Investigación do CSIC e membro da Real Academia Galega de Ciencias.

A sesión estará dedicada á figura de Aida Fernández Ríos, distinguida como científica galega do ano, e permitirá afondar nas súas contribucións ao coñecemento do medio mariño. A conferencia abordará cuestións clave da oceanografía actual, como a produtividade das rías, a capacidade do océano para absorber dióxido de carbono ou os efectos da acidificación das augas, aspectos fundamentais para comprender os cambios ambientais e climáticos que afectan ao planeta.

Fiz Fernández Pérez leva máis de catro décadas dedicado ao estudo do océano e dos procesos relacionados coa absorción de dióxido de carbono e a evolución das súas augas. É autor de máis de 230 publicacións científicas amplamente citadas a nivel internacional e participou en máis de vinte campañas oceanográficas, acumulando arredor de 850 días no mar, entre elas dúas inmersións no submarino Nautile para inspeccionar o pecio do Prestige.

Ademais da súa actividade investigadora, desenvolveu unha ampla labor formativa a través da dirección de máis de vinte teses doutorais, contribuíndo de maneira decisiva á proxección internacional da oceanografía española.

Post navigation

Previous: Melloras nos acceso ás aldeas de Frades
Next: Presentación de “Andrómenas e credos. Suma mitolóxica de Cerdedo e Montes”

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.