Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral

AGADEA impulsa a difusión da Guía de Apoio ás Persoas Coidadoras

agadea

AGADEA promove esta guía gratuíta en toda a área do Barbanza, Muros e Noia


A Asociación Galega para a Axuda das Persoas con Demencia tipo Alzhéimer (AGADEA) continúa coa difusión da Guía de Apoio ás Persoas Coidadoras. Trátase dun recurso práctico e actualizado destinado a acompañar, orientar e mellorar o día a día das persoas que coidan dun familiar con demencia.

Durante as últimas semanas, AGADEA desenvolveu xornadas de presentación e formación específica nos concellos de Rianxo, Boiro, Ribeira e Porto do Son, achegando este material a persoas coidadoras, profesionais sociosanitarios e veciñanza interesada en coñecer ferramentas de coidado máis axeitadas.

A guía recolle información clara e estruturada sobre o proceso das demencias, estratexias de comunicación, recomendacións para o coidado diario, pautas para o manexo de situacións complexas e orientacións emocionais para quen coida, un labor que adoita ser esixente e pouco visibilizado.

“Difundir esta guía en todos os concellos é fundamental para que as familias non se sintan soas. O obxectivo é achegar coñecemento e apoio, e reforzar a rede comunitaria que sostén o coidado”, explican a coordinadora de AGADEA na área de barbanza, Vanesa Tubío.

Últimas presentacións na área de Barbanza

A máis recente das xornadas tivo lugar no Concello de Porto do Son, coa participación da traballadora social municipal, María Tembra, e da psicóloga de AGADEA, Alba Iglesias. Asistiron persoas coidadoras e cidadanía interesada en mellorar as súas habilidades e coñecementos para ofrecer un coidado digno, respectuoso e centrado na persoa.

Estas accións forman parte da estratexia de AGADEA para achegar recursos prácticos a todo o territorio e reforzar o acompañamento ás familias.

Un compromiso coa formación e o coidado digno

A entidade destaca que apostar polas persoas coidadoras é investir en benestar comunitario “Cando apoiamos a quen coida, melloramos directamente a calidade de vida das persoas con demencia. A formación é clave e esta guía é unha ferramenta imprescindible”, sinala Alba Iglesias, psicóloga de AGADEA.

A Guía de Apoio ás Persoas Coidadoras está dispoñible de forma gratuíta na páxina web da entidade  https://agadea.org/guia/  

Post navigation

Previous: José María Ezquiaga presidirá o xurado do concurso de ideas para o Conector Central de Santiago
Next: A Deputación presenta a nova liña de subvencións para patrimonio cultural

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.