Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Arzúa
  • Xeral

Os empresarios de Arzúa convocan o IX Concurso de Disfraces polos Bares

A Asociación de Empresarios da Comarca de Arzúa, AECA, convoca a novena edición do concurso de disfraces polos bares asociados.
aeca-arzua-concurso-disfraces-slide-5-febreiro-2024_r

Bisbarra, 5 de febreiro do 2024 – A Asociación de Empresarios da Comarca de Arzúa, AECA, convoca a novena edición do concurso de disfraces polos bares asociados.

A cita será os días 9, 10 e 11 de este mes e haberá distintos premios para os que participen no concurso. Existen modalidades en grupos, que terán que ser máis de 3 membros, ou comparsa e competirán por facerse cun bono agasallo valorado en 500 euros e un lote de Estrella Galicia.

Por outra banda pódese participar en categoría individual ou parellas. Os premios en este caso son similares, bono de 500 euros e lote de Estrella Galicia.

Para participar hai que facerse unha foto co disfrace en algún dos locais de hostaleria asociados. Logo subirase ao Facebook etiquetando a Aeca Asoc Empresarios ; rexistrando a visita no local no que vos encontredes ou etiquetando ao hostaleiro/a.

O xurado popular do perfil da AECA será quen determine aos gañadores; sendo as publicacións que máis ME GUSTAS acaden en cada modalidade as premiadas do concurso. O prazo para acumular votos rematará ás 24:00 h. do domingo día 11, momento no cal se fará público o fallo do xurado popular.

Durante a fin de semana haberá degustación de tapas de entroido de balde, e para dar comezo ao concurso, o venres día 9, a partires das 8 da tarde participará a Charanga Os Kokakolas; que fará un percorrido polos bares inscritos.

A actividade está cofinanciada polo concello de Arzúa e colabora Estrella Galicia.

Post navigation

Previous: De Vacas serán as pregoeiras do Entroido en Compostela
Next: O colexio de infantil de Santa Cruz de Ribadulla, en Vedra, inaugurou biblioteca

Máis novas

bisbarra eleccions e lista 14 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: tambores de eleccións, os partidos moven fichas

frades oroso obra enlace 14 outubro 2026 (3)
3 minutes read
  • Xeral

Frades e Oroso arranxan a estrada de O Fontelo a A Igrexa

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (49) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (950) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.