Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Santa Comba
  • Xeral

Denuncia por prevaricación na tramitación do parque eólico de Campelo

ADEGA presenta denuncia por presunta prevaricación contra Xunta de Galicia no tema dos parques eólicos de Campelo e Lamas de Feas
adega-denuncia-prevaricacion-slide-28-novembro-2022_r

Bisbarra, 28 de novembro do 2022 – ADEGA ven de presentar unha denuncia por presunta prevaricación contra a anterior Directora Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais da Xunta de Galicia, Paula Uría.

A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) vincula esa presunta prevaricación, e malversación de fondos, coa tramitación do plan industrial dos parques eólicos de “Campelo” e “Lamas de Feás”, proxectos da empresa Greenalia Wind Power.

Membros de ADEGA

Unha documentación da propia empresa

O parque eólico de Campelo sitúase entre Coristanco e Santa Comba; o de Lamas de Feas nos concellos ourensáns de Baltar, Calvos de Randín e os Blancos. Como contamos en Lindeiros a xustiza paralizou de forma cautelar a construción do de Campelo. Na documentación aportada pola empresa en ese procedemento, para impugnar a decisión, é onde ADEGA atopa as irregularidades que derivan na denuncia.

Todo comeza no concurso eólico da Xunta do ano 2010. En ese momento a empresa Kaekias Eólica S.A. acadou a asignación de 75MW co compromiso de executar a maiores un plan industrial específico, ou de monetarizalo nun importe económico que tería que ser depositado no fondo capital-risco (SOGIGA) do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), no prazo dun mes desde a posta en funcionamento dos parques eólicos.

No 2016 Greenalia adquire esa empresa e faise coa titularidade de ambos os dous proxecto e, ao entender de ADEGA. coas obrigas adquiridas no concurso por Kaekias. No 2019 a nova empresa presenta a proposta que solicita que se de por rematado o Plan Industrial. En xullo do 2021 a Xunta de Galicia emite unha resolución na que se da por executado o plan industrial dos dous parques eólicos.

Na práctica a resolución asinada por Paula Uría acepta a proposta de Greenalia de dar por executado o plan e exime a empresa de pagar os preto de 12.000.000 de euros á Facenda pública comprometidos na adxudicación do 2010.

Un barco, un hotel e biomasa

Para presentar a proposta, na que solicita que se de por executado o plan industrial, Greenalia presenta como actividades realizadas as levadas a cabo pola empresa entre os 2015 e o 2019, mesmo antes de comprar Kaekias. 

As actividades industrias que aportan son un negocio hoteleiro, un proxecto de buque para a exportación do sector forestal e un proxecto de xestión de biomasa. Ningunha de estas actuacións foi valorada no concurso do 2010 no que se adxudicaron os megavatios eólicos. A resolución emitida desde a Xunta en xullo do 2021 indica literalmente que “a comisión [de seguimento] comproba que a empresa solicita cambiar de monetarizar a executar un novo plan industrial con novas actuacións non valoradas durante o concurso de 2010”.

Actividades subvencionadas

Ademais de que se tomen actividades non valoradas no concurso para dar por completado o plan industrial hai outra característica que incide na denuncia por presunta malversación de fondos e prevaricación.

ADEGA destaca o feito de que o Grupo Greenalia desenvolve actividades vinculadas á xestión de biomasa, a mesma que se inclúe no plan industrial dado por completado. Esas actividades recibiron axudas da Xunta de Galicia e mesmo un préstamo de un millón de euros.

Isto significa que a Resolución da dirección xeral de planificación enerxética denunciada na Fiscalía non só tería dado por executado irregularmente o proxecto industrial de referencia, senón que ademais teríao dado por executado en base a determinadas actividades para cuxo desenvolvemento o Grupo Greenalia obtivo axudas públicas.

ADEGA denuncia a especial gravidade que se deriva de que o proxecto se teña dado por executado, creando así un perigoso precedente. A asociación ecoloxista alerta de que unha situación semellante se poida dar cos outros parques eólicos que tiveran a súa orixe na convocatoria de 2010 e que aínda se atopen en tramitación, coa conseguinte lesión que isto suporía para a Facenda pública.

Ante estes feitos, ADEGA invoca ao Ministerio Fiscal para que investigue a posible concorrencia dun delito de prevaricación en concurso con outro de malversación por parte da titular da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais en xullo de 2021. Ao tempo, anuncia que requirirá á Xunta información sobre o estado de execución dos distintos plans industriais comprometidos no concurso eólico de 2010 pola potencia adxudicada a proxectos eólicos que hoxe en día se atopan en tramitación.

Post navigation

Previous: Eleccións 23: novas formacións políticas e cambios administrativos en algunha
Next: Cristina García consegue o “II premio Sesé Mateo de Xornalismo Ético”

Máis novas

Alex-Doval-alcalde-Oroso-slide-17-xullo-2023_6764_r
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Alex Doval, alcalde de Oroso

ames reconhecemento extraxudicial 14 setembro 2026
6 minutes read
  • Xeral

Novo recoñecemento extraxudicial do concello de Ames

Rois: O Pleno aproba volver licitar o Servizo de Axuda no Fogar
4 minutes read
  • Xeral

Rois licita de novo o Servizo de Axuda no Fogar

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

As obras de Brión corresponden ao POS + Adicional 2/2026 e mellorará os accesos a trece aldeas
3 minutes read
  • Xeral

Máis de medio millón de euros para 13 aldeas de Brión

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos
2 minutes read
  • Xeral

Ciclo de monólogos na Baña

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (733) Politica (945) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.