Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral

A ameaza do eucalipto segue viva

ADEGA acude á Valedora do Pobo pola proliferación ilegal e incontrolada de eucalipto.

adega a voltas co eucalipto 22 oiutubro 206

Bisbarra, 22/10/2026 – ADEGA acude á Valedora do Pobo pola proliferación ilegal e incontrolada de eucalipto “favorecida pola neglixencia da Xunta”. A asociación ecoloxistia denuncia que a Xunta de Galicia “só ordenou a retirada do 1,69% das plantacións ilegais de eucalipto denunciadas por ADEGA tras a entrada en vigor da moratoria en 2021”.

ADEGA reclama á Valedora do Pobo que abra unha investigación pola actuación neglixente da Xunta de Galiza, e principalmente da Consellería de Medio Rural, que está a provocar a proliferación descontrolada de plantacións de eucalipto infrinxindo a normativa e incrementando a vulnerabilidade do territorio galego fronte aos incendios e a seca.

Segundo a asociación, Galiza experimenta desde hai décadas unha expansión vertixinosa das plantacións de eucalipto, que progresivamente substitúen outras coberturas vexetais como masas de bosque húmido autóctono, pasteiros, terras agrícolas e áreas de matogueira, entre outros.

Arestora, a superficie de eucalipto, segundo datos oficiais da propia Xunta, supera xa as 438.000 hectáreas (sen ter en conta as masas mixtas con outras especies). Detrás desta expansión incontrolada “está a inactividade e o desleixo da Xunta á hora de aplicar a normativa en vigor, xa que multitude de plantacións infrinxen o disposto na Lei 7/2012 de Montes, na Lei 3/2007 de Prevención de Incendios e nas sucesivas moratorias decretadas pola propia administración, sen que esta actúe de oficio para esixir o cumprimento da norma”.

En 2021, a Lei 11/2021 de recuperación da terra agraria estableceu na súa disposición transitoria novena unha moratoria de tres anos para novas plantacións de eucalipto.

Cinco anos despois  a moratoria foi un absoluto fracaso. O Plan Forestal de Galiza preveu un aumento das plantacións de eucalipto do 3% para o período 2021-2025 e unha rebaixa dun 4% e 5% para os anos 2035 e 2040.

Segundo os datos do Inventario Forestal Continuo de Galiza (IFCG), desde o inicio da moratoria en 2021 produciuse un incremento dunhas 30.000 hectáreas, o que supón un aumento do eucalipto de case o 7%, máis do dobre do previsto para este período, mentres que a superficie de frondosas retrocedeu un 0,7 %.

Desleixo, escurantismo e impunidade por parte da Xunta

Este desfase respecto ás previsións débese, en parte, a que a moratoria se anunciou varios meses antes da súa entrada en vigor, causando un claro “efecto chamada”.

Tamén resultou chave a inactividade e a neglixencia administrativas: por unha banda, a renuncia a inspeccionar de oficio, e por outra, o incumprimento da obriga de resolver gran parte dos expedientes iniciados tras presentarse denuncias. Este escandaloso absentismo da Xunta espalla a mensaxe de que a normativa non serve de nada e que as infraccións en materia forestal van quedar impunes.

Paralelamente, a Consellería de Medio Rural segue a autorizar o cambio de uso forestal a agrícola e a tala de bosque autóctono para ampliar a superficie de pasteiros.

Prodúcese así unha situación aberrante: mentres a Xunta autoriza a corta de masas de frondosas para recuperar superficie de prados e pasteiros, tolera coa súa pasividade a ocupación ilegal destes con eucalipto.

Un contrasentido que pon de manifesto a non-política de “deixar facer” cun elevadísimo impacto medioambiental e aumento dos riscos -lumes catastróficos- para a cidadanía.

Tampouco se coñecen datos oficiais da Xunta sobre o control das plantacións ilegais de eucalipto, senón só artigos de prensa. Dende a entrada en vigor da moratoria en xullo de 2021 e até xullo de 2025, ADEGA denunciou 680 parcelas con plantacións ilegais deste monocultivo.

Fronte a estas denuncias, a Xunta raramente actúa de oficio, polo que deixa a expensas da veciñanza e as organizacións cidadás as tarefas de control e denuncia que corresponden aos organismos públicos.

A meirande parte dos expedientes incoados non chegan nunca a resolverse, e incumpren así a Lei 39/2015 de Procedemento Administrativo. Nos casos nos que se culmina un expediente sancionador (1,69%), as multas son de escaso importe e as plantacións de eucalipto case sempre fican sen ser retiradas, polo que se incumpre tamén a obriga de reparar o dano do art. 133 da Lei de Montes.

Semellante desleixo institucional contribúe a que, na práctica, as plantacións de eucalipto gocen dunha impunidade que abeira na prevaricación. E a situación vai empeorar coas novas medidas de flexibilización da “moratoria” anunciadas pola Xunta nos orzamentos do vindeiro ano, nos que, por certo, non se prevé ningún aumento das partidas destinadas a vixiar e a facer cumprir a normativa forestal nin a de prevención de incendios.

Post navigation

Previous: Milladoiro Santiago pola Prevención do Dano Cerebral
Next: Aprobado a mellora e acondicionamento do complexo deportivo de Pedrouzos en Brión

Máis novas

bng maes parquing milladoiro 6 novembro 2026
3 minutes read
  • Xeral

As incógnitas do aparcadoiro do Milladoiro

deputacion via verde remata en marzo 6 de novembro 2026 (1)
4 minutes read
  • Xeral

A Vía Verde podería estar rematada en marzo

KD&L
3 minutes read
  • Axenda

Kitty, Daisy e Lewis abren o Outono Códax Festival

Sesión constitutiva IX Lexislatura
3 minutes read
  • Xeral

Os colexios seguen pedindo reformas

Teo: Mara Cajaraville foi afeccionada aos cabalos dende que era moi pequena. Fotos familiares
5 minutes read
  • Xeral

San Martiño 2026

noia vai de tapas 5 novembro 2026 (2)
4 minutes read
  • Xeral

Noia vai de tapas

ames aproba novo credito para gastos ordinarios 2 novemro 2026
10 minutes read
  • Ames

Ames aproba un novo crédito extraordinario de 1,4 millóns de euros

cineurop a40 aniversario 2 novembro 206
8 minutes read
  • Axenda

Cineuropa celebra 40 anos

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2830) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (832) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (738) Politica (951) saúde (534) Servizos (2704) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.