Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral

Adega abre unha campaña para salvar ó salmón galego

A recollida de sinaturas iniciada por Adega ten como obxectivo que a Xunta declare ao salmón galego en perigo de extinción.

adega alerta salmon 4 marzo 2026

Compostela, 04/03/2026 – Na bisbarra de Compostela é famoso o coto do Xirimbau en Teo ao que acudía o ditador Franco e ao que, presuntamente, cando non picaban un buzo poñíalle no sedal a peza.

Deixando a un lado as lendas o certo é que o salmón foi desde sempre un dos peixes máis valorados na bisbarra e en moitos puntos de Galicia.  Agora as organizacións ecoloxistas ADEGA, AEMS – Ríos con Vida, Federación Ecoloxista Galega (FEG) e Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) alertan sobre o perigo de extinción da especie.

Estas organizacións uníronse para lanzar unha campaña de recollida de sinaturas baixo o nome de”Alerta Salmón Galego”. Reclaman á Xunta de Galiza a inclusión do salmón atlántico (Salmo salar) no Catálogo Galego de Especies Ameazadas coa categoría de “En perigo de extinción”.

Baixo o lema “Activa a #AlertaSalmónGalego”, a iniciativa busca concienciar e mobilizar a cidadanía ante o declive continuado das poboacións galegas de salmón, ao tempo que demandar da Xunta que asuma a súa responsabilidade na protección dunha especie que forma parte do patrimonio natural e cultural de Galiza e que está en serio risco de extinción.

Esta campaña chega tras a solicitude de catalogación do salmón atlántico como “En perigo de extinción” presentada xa polas entidades o pasado mes de febreiro ante a Dirección Xeral de Patrimonio Natural.

Unha vez pechado o período de recollida de apoios, que coincidirá co Día Mundial da Auga o vindeiro 22 de marzo, as entidades promotoras rexistrarán oficialmente as sinaturas ante a Xunta de Galiza como aval social á solicitude de inclusión do salmón no Catálogo Galego de Especies Ameazadas, co obxectivo que a administración actúe conforme aos datos científicos dispoñibles.

A dramática situación do salmón

Segundo o Atlas do Salmón Atlántico en España (Ministerio para a Transición Ecolóxica, 2021), as poboacións galegas reducíronse máis dun 80% desde a década de 1970. Ademais, pasouse de máis de 20 ríos históricos con presenza reprodutora a menos de 8 na actualidade, moitos deles con poboacións moi reducidas e illadas.

En sistemas como o Ulla apenas se rexistran arredor de 50 exemplares reprodutores, cifras moi por baixo do limiar considerado viable a medio prazo. Ademais, estudos recentes prevén un novo descenso do 30–50% nas poboacións do sur de Europa nas próximas décadas, debido ao aumento da temperatura e aos cambios na produtividade mariña.

A continua degradación do hábitat fluvial e mariño (mudanza climática, verteduras, minaría…) e as barreiras á migración sen unha restauración suficiente (presas e azudes obsoletos, centrais hidroeléctricas) empeoran este prognóstico.

Cumpre os criterios para ser declarado “En perigo de extinción”

As organizacións promotoras sosteñen que o salmón galego cumpre os criterios técnicos e legais para ser declarado “En perigo de extinción”, dado o seu estado crítico, a redución da súa área de distribución e o tamaño actual das súas poboacións.

Esta catalogación da especie obrigaría á Xunta de Galiza a elaborar un plan de recuperación específico, con medidas para restaurar hábitats, mellorar a conectividade fluvial e garantir o seguimento científico da especie.

A extinción do salmón atlántico en Galiza suporía unha gran perda ecolóxica e patrimonial. As entidades fan un chamado á sociedade galega para apoiar esta petición e reclamar a necesaria e urxente creación e aplicación dun plan de recuperación con medidas para reverter o seu continuo devalo.

Post navigation

Previous: A Deputación impulsa a nova edición do concurso “#140enpositivo”
Next: Santa Comba traballa nunha xornada astronómica no monte San Bartolomeu

Máis novas

Un momento do último Consello de Goberno da USC
5 minutes read
  • Xeral

A convivencia interxeneracional un dos eixos do plan de vivenda de estudantes da USC

José Antonio Domené solista na entrega do Portus Apostoli no Harp Fest de Noia
5 minutes read
  • Xeral

O arpista José Antonio Domené súmase ao Noia Harp Fest

Unha imaxe da última edición do WOS Festival
3 minutes read
  • Xeral

Primeiras confirmacións no WOS Festival 2026

Vehículos de emerxencias nunha intervención
2 minutes read
  • Teo

Teo homologa o Plan de Emerxencias Municipal

Imaxe da Ponte Maceira nas Noites en Vela nuha edición pasada
3 minutes read
  • Xeral

Hoxe chegan as Noites en Vela de Ponte Maceira

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Compostela

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2774) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (613) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (812) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2674) sindicatos (109) Social (552) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (581) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.