займ срочно

Impulsan unha recadación de fondos para litigar contra os parques eólicos

0

Actualización 27 de outubro do 2022 – ADEGA informa de que ” A sociedade galega consegue facer efectiva a paralización cautelar do parque eólico Campelo  e está a piques de conseguir tamén a suspensión cautelar efectiva do parque eólico Bustelo, a través da campaña de recadación solidaria “Ti podes paralos!”.

Bisbarra, 25 de outubro do 2022 – Baixo lema #tipodesparalos Adega impulsa unha recadación solidaria de fondos para paralizar os parques eólicos de Campelo e Bustelo.

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, TSXG, emitiu unha paralización cautelar de estes parques eólicos que afectan a Santa Comba, Coristanco e Carballo. Para que sexa efectiva hai que depositar antes do 1 de novembro un aval de 20.000 €.

Este aval ou garantía requírese ás entidades recorrentes (ADEGA e PDCC) co obxecto de “responder dos prexuízos de calquera natureza que puidesen derivarse da medida cautelar”, como así o establece o TSXG nos autos de 19 de setembro e 6 de outubro, relativos á paralización cautelar dos parques eólicos Campelo e Bustelo, respectivamente.

Ademais, é previsible que nas seguinte semanas o TSXG acolla tamén a solicitude de paralización cautelar do proxecto Monte Toural. Unha solicitude de paralización realizada tamén por ADEGA e PDCC que podería supoñer dez mil euros máis de aval.

Para facer fronte a este reto, ADEGA apela con urxencia á solidariedade colectiva para “pararlle os pés a Greenalia e aos abusos do actual modelo eólico da Xunta, agresivo co territorio e coas persoas”. Desde a organización ecoloxista ADEGA requírese con urxencia o apoio de colectivos, plataformas, e do conxunto da cidadanía para impedir, a través do depósito dos avais, que se inicien as obras dos tres parques eólicos de Greenalia, evitando que se produzan danos ambientais e sociais irreparables.

Desde ADEGA explican que se da “unha oportunidade única para frear o modelo eólico devastador da Xunta, mais tamén nos enfronta a un reto difícil: conseguir recadar 20.000 euros para depositar como aval antes do 1 de novembro”.

Toda a información relativa á campaña de recadación colectiva estará dispoñible no sitio web https://tipodesparalos.adega.gal

ADEGA ofrece dúas modalidades de colaboración ou achega solidaria, a través de doazón ou préstamo. Deste xeito, calquera persoa ou entidade con personalidade xurídica poderá contribuír segundo a opción que máis lle conveña. Mentres a doazón ofrece a posibilidade de desgravar ata un 80% na declaración da renda, o préstamo solidario poderase recuperar por parte do prestamista no caso de que as sentenzas dos recursos contenciosos-administrativos presentados contra estes proxectos eólicos acaben resultando favorables.

As doazóns á campaña “Ti podes paralos!” poderán efectuarse no sitio web https://doazons.adega.gal

E os préstamos solidarios poderán depositarse, seguindo as instrucións do formulario https://prestamos.adega.gal

ADEGA actualizará periodicamente na súa páxina web a evolución da cifra recadada. Calquera dúbida relacionada coa campaña ou coas distintas modalidades de achegas, pódese consultar a través do teléfono 981570099   ou no correo electrónico xestion@adega.gal

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies