Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral

Protexer o lobo

adega tribunais lobo SLIDE 2 aio 2025

O lobo, como outras especies, forma parte do ecosistema galego. Catro anos despois da súa protección por Lei un atallo administrativo permite a súa caza.

Adega ven de sumarse ás asociacións de España e Portugal que traballan para que a xustiza ditamine que o lobo ten que seguir estando protexido. En Portugal é unha situación que se produce desde 1988. Aquí, 4 anos despois de protexelo, alguén atopou un atallo para cazalo.

A recente desprotección do lobo ibérico prodúcese pola aprobación dunha emenda á Lei de desperdicio alimentario co apoio do PP, Vox, PNV e a abstención de Junts. Esta emenda provocou xa que Asturias e Cantabria determine xa cupos de caza da especie sen criterio científico.

No caso de Galiza xa se anunciou a recuperación dos “controis poboacionais” para os casos nos que se xustifiquen danos recorrentes. Desde ADEGA chaman a atención sobre “a falla de soporte científico e as deficiencias legais das que adoece o procedemento empregado para excluír ao lobo da Listaxe de Especies Silvestres en Réxime de Protección Especial (LESPRE), na que foi incluído hai 4 anos”.

Para ADEGA o procedemento a seguir para eliminar a protección tería que ser distinto. Un procedemento que está convenientemente regulado pola Lei 42/2007 de Patrimonio Natural e Biodiversidade.

A descatalogación dunha especie protexida só se pode realizar mediante un procedemento regrado de participación pública e administrativa, alén dos necesarios avais científicos, como a elaboración dunha memoria técnica sobre o estado de conservación da especie e do seu impacto ecolóxico e social.

Segundo ADEGA esta proposta ha de ser avaliada por organismos competentes, como son o Comité Científico e a Comisión Estatal para o Patrimonio Natural e a Biodiversidade, e no caso de ser aceptada, a modificación debe formalizarse mediante unha Orde Ministerial publicada no Boletín Oficial do Estado (BOE), indicando a súa entrada en vigor e os cambios realizados.

 Este procedemento legal é o que garante que decisións que implican unha regresión na protección de especies, como no caso do lobo, se realicen baixo criterios e evidencias científicas e de xeito minimamente coordenado entre as distintas institucións competentes.

ADEGA advirte, como xa fixeron outras entidades ecoloxistas ou defensoras do patrimonio natural, que matar lobos ou facer “extraccións ou controis poboacionais”, como no caso galego, segue sendo ilegal mentres a especie se atope nun estado de conservación desfavorable en todo o territorio ibérico.

Este estado de conservación desfavorable o constatan o ditame de 2021 do Comité Científico do Ministerio de Transición Ecolóxica, o ditame de 2022 da Asemblea Permanente do Convenio de Berna (ao que está adherido o Estado español), ou os propios tribunais estatais e europeos en sentenzas recentes.

Campaña de crowfunding polo lobo ibérico

Co gallo de demostrar as eivas legais do procedemento adoptado para desprotexer o lobo, carente de participación pública e de todo rigor científico, nace o Fondo para a Protección do Lobo Ibérico (www.fondolobo.org).

Esta iniciativa de micromecenado na que colabora ADEGA foi impulsada pola Plataforma para a Defensa da Cordilleira Cantábrica co obxectivo de acadar o financiamento necesario para emprender accións legais e xudiciais, pero tamén educativas e divulgativas, en defensa do lobo ibérico. Á vez busca abrir un debate sosegado e informado na sociedade sobre o papel do lobo no equilibrio ambiental e sobre a necesidade da súa protección.

A campaña, que arrincou o pasado 22 de abril, Día da Terra, acumula ata o momento máis de 24.000 euros, e conta co apoio polo momento de 25 entidades de conservación da natureza de todo o Estado español e de Portugal, xa que a poboación de lobo ibérico está compartida entre os dous estados, dándose así o paradoxo de que en Portugal a protección do lobo está blindada por lei desde o ano 1988. A campaña de micromecenado rematará o vindeiro 30 de xuño.

Entidades que apoian a campaña

Ademais de ADEGA, na Galiza apoian esta iniciativa a Sociedade Galega de Ornitoloxía, a Asociación Galega de Custodia do Territorio; e no eido ibérico, conta co respaldo de: PDCC – Plataforma para la Defensa de la Cordillera Cantábrica, SECEM – Sociedade Española para a Conservación e Estudo dos Mamíferos, Quercus Portugal, Sociedade Gaditana de Historia Natural, ANSAR – Asociación Naturalista de Aragón, Grupo Lobo Asturias, Ecoloxistes n’Aición d’Asturies – Ecoloxistas en Acción, Agrupación Naturalista Esparvel, DEPANA – Lliga per á Defensa do Patrimoni Natural, Asociación para a Defensa da Natureza ao Sur de Valencia, Teachers for Future Spain, Instituto Arabés da Natureza, ADENEX – Asociación para a Defensa da Natureza de Estremadura, Urz – Asociación para o Estudo e Protección da Natureza, ANSE – Asociación Naturalistas do Sueste, Asociación de Naturalistas Palentinos, Rewilding Portugal, Dear Wolf Portugal, Zoo Logical – Conhecimento, Divulgação e Conservação dá Fauna, ZERO – Associação Sistema Terrestre Sustentável, ACENVA – Asociación para a Conservación e Estudo da Natureza de Valladolid, Ecoloxistas Zamora.

Post navigation

Previous: Val do Dubra informa aos concellos da contorna sobre a situación do futuro vertedoiro
Next: O máis lido en Lindeiros do  28 de abril ao 2 de maio

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.