Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Axenda

ADEGA inicia a campaña de primavera do Proxecto Ríos

ADEGA acometerá tres intervencións en este período co obxectivo da conservación dos ecosistemas fluviais.

Imaxe dunha das saídas de ADEGA co proxecto ríos

Imaxe dunha das saídas de ADEGA co proxecto ríos

Compostela, 16/04/2026 – O Proxecto Ríos, impulsado pola organización ecoloxista ADEGA, abriu este mércores a súa campaña de primavera 2026. A iniciativa desenvolverase ata o 15 de xuño cun amplo programa de actividades arredor dos ríos galegos.

O Proxecto Ríos é unha iniciativa de educación e voluntariado ambiental promovida por ADEGA e financiada pola Deputación da Coruña, a través da súa área de medio ambiente, e pola Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS).

Trátase da iniciativa de este tipo máis lonxeva do país. O programa busca dar a coñecer o papel fundamental dos ríos, sensibilizar sobre as súas problemáticas e fomentar a participación activa da sociedade na súa protección e mellora.

Entre as actividades previstas destacan as saídas formativas con centros de ensino, concellos e asociacións. Nelas, as persoas participantes percorren un treito de río mentres coñecen de maneira práctica a metodoloxía do proxecto, co fin de poder desenvolver posteriormente o programa de maneira autónoma.

As primeiras saídas terán lugar hoxe, 16 de abril, co CPI de Bembibre e co CPI Manuel Suarez Marquier do Rosal; e o venres 17 co IES A Paralaia de Moaña. Ademais, levaranse a cabo accións de custodia fluvial no río Sar para a eliminación da invasora Tradescantia o vindeiro sábado, 25 de abril.

Adega levou ao concello de Brión o proxecto ríos en outra saída
Adega levou ao concello de Brión o proxecto ríos en outra saída

Mostra “20 anos de Proxecto Ríos”

Con motivo do seu 20 aniversario, ADEGA estrea a exposición itinerante “20 anos de Proxecto Ríos”, unha mostra composta por 11 paneis que percorren a traxectoria do programa ao longo das súas dúas décadas de vida.

A través de contidos divulgativos, imaxes e exemplos de boas prácticas, a exposición pon en valor o traballo desenvolvido polo voluntariado ambiental, a evolución do proxecto e o seu impacto na conservación e coñecemento dos ecosistemas fluviais galegos.

Trátase dunha ferramenta didáctica pensada para achegar á cidadanía en xeral e ao alumnado en particular a importancia dos ríos e fomentar a implicación social na súa protección.

A mostra está xa dispoñible para a súa itinerancia, polo que calquera entidade, centro de ensino ou colectivo da provincia da Coruña pode solicitar a súa instalación nos seus espazos. O primeiro lugar ao que viaxará será ao CPI de Bembibre hoxe mércores e ao IES de Ames o 29 de abril.

Todas as actividades desenvolvidas con ocasión desta efeméride enmarcanse na campaña “Súmate á corrente”, que ten como obxectivo ampliar a base social do Proxecto Ríos para estudar e protexer uns ecosistemas fluviais vitais para a biodiversidade. Neste sentido, Proxecto Ríos fai un chamamento a formar parte activa deste programa de actividades.

Próximas actividades destacadas:

23 de abril: CPI de Pontecarreira.

25 de abril: Custodia fluvial no río Sar (eliminación de Tradescantia) e saída formativa co Censo Social Ledoñés de Culleredo.

28 de abril: Feira de Sustentabilidade no IES Luís Seoane de Pontevedra e saída formariva IES Francisco Daviña Rey (Monforte de Lemos).

29 de abril: Exposición “20 anos de Proxecto Ríos” no IES de Ames e saída formativa IES da Terra Chá, José Trapero Pardo (Castro de Ribeiras de Lea).

 30 de abril: Saída formativa con COGAMI de Lugo e CEIP Rosalia de Castro (Pol).

Post navigation

Previous: III Xornada de Memoria Feminista en Padrón
Next: Brión aproba o V Plan de Igualdade

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.