Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral

Os datos din que ALTRI pensa en celulosa non en fibras téxtiles

adega-libro-altri-slide-12-decembro-2024_r

Bisbarra, 12 de decembro do 2024 – ADEGA ven de presentar un libro que, partindo dos datos que se coñecen, demostra que o proxecto de ALTRI en Palas será unha celulosa antes que unha fábrica de fibras téxtiles.

A organización ecoloxista ven de presentar o libro “ALTRI : celulosa do século XX para o XXI”, escrito polo doutor en Bioloxía e ex-presidente de ADEGA Ramón Varela Díaz. Un informe que debulla os impactos da macro celulosa proxectada en Palas de Rei.

Trátase dun libro de carácter divulgativo desenvolvido a partir da análise detallada do Estudo de Impacto Ambiental e da Autorización Ambiental Integrada presentadas por Greenfiber. Partir de estes documentos implica que os datos son os recoñecidos por empresa e administración, non unha estimación.

Ramón Varela demostra os numerosos impactos ambientais que comporta a macro celulosa de ALTRI. Faino a través de cinco grandes apartados: unha introdución aos conceptos chave do funcionamento interno dunha celulosa, o estudo dos vertidos do proxecto ao río Ulla, a avaliación das emisións atmosféricas, a análise da xeración de residuos e unha radiografía do sector da celulosa e papel-cartón no Estado español e en Europa.

A intención é favorecer unha opinión crítica da veciñanza sobre o proxecto. Varela Díaz demostra no libro, en base a análises comparativas con outras celulosas de Galiza, do Estado e de Europa, que o Proxecto Gama de Altri e Greenalia constituiría unha das celulosas con maiores impactos sobre o aire, a terra e a auga de Galiza.

ALTRI , nin moderna nin biofábrica

Na presentación do libro participou o secretario técnico de ADEGA, Fins Eirexas, que foi moi claro “Xa ninguén pode acreditar que se trate dunha biofábrica de fibra téxtil. Os datos debruzados magnificamente por Ramón Varela poñen en evidencia que se trata dunha celulosa altamente contaminante. O informa tira conclusións partindo unicamente de datos oficiais, polo que a Xunta non pode dicir que non sabía”.

Pola súa banda, o autor do libro, Ramón Varela, asegurou ante os medios que traer a Galiza unha celulosa coma esta é unha “grave irresponsabilidade. É unha obriga divulgar os datos que coñezo, sabendo que ALTRI suporía un novo atentado ambiental para o país. Se ben a tecnoloxía avanzou moito, o modelo de Altri é propio dos anos 70”.

O doutor en bioloxía fixo un chamamento a investir na recuperación de actividades tradicionais e estratéxicas como a pesca na ría de Arousa, e a “non regalar a mans cheas cartos públicos para industrias que non crean riqueza e que se auto denominan de enclave”.

 Xa á venda

O “Informe ALTRI: Celulosa do século XX para o XXI” conta cunha tirada inicial de 500 exemplares, que terán un custo de 15 euros por exemplar (10 euros para persoas socias de ADEGA). Poderase adquirir nos locais de ADEGA en Santiago de Compostela e Lugo, mais tamén se poderá solicitar o seu envío postal a calquera domicilio (con cargo dos gastos de correo) a través do seguinte formulario. Tamén se poderá adquirir esta publicación na mobilización nacional do vindeiro domingo 15 de decembro, nos postos que ADEGA terá instalados na Alameda e na Praza do Obradoiro. Todos os fondos recadados a través da venda deste libro irán destinados á campaña de ADEGA contra a macro celulosa de ALTRI en Palas de Rei.

Post navigation

Previous: Música no Nadal coa Escola de Música
Next: Obituario: Maximino Viaño

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.