Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral

Adega pídelle aos alcaldes que apoien a loita contra os eólicos

Nunha acción coordinada en toda Galicia, Adega dirixiuse a centos do alcaldes que tomaban posesión pera pedirlles apoio contra os eólicos.
eolica-alcalde.negreira-slide-19-xunho-2023_r

Bisbarra, 19 de xullo do 2023 – Nunha acción coordinada en toda Galicia, Adega dirixiuse a centos do alcaldes que tomaban posesión pera pedirlles apoio contra os eólicos.

Na bisbarra de Compostela a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, ou alcaldes como Manuel Ángel Leis en Negreira, José Antonio Pereira en A Baña ou Diego Díaz en Val do Dubra escoitaron as demandas ecoloxistas contra os eólicos.

A Coordinadora “Eólica Así Non” fixo presenza nas tomas de posesión, a través dos seus membros, para apelar aos novos concelleiros e concelleiras a apoiar as iniciativas reivindicativos e xurídicas locais fronte a actual invasión eólica.

Adega e a coordinadora demandaron de este xeito “un modelo enerxético xusto, sustentábel, ordenado e deseñado para as persoas e para a transición ecolóxica, e non en beneficio das grandes multinacionais da enerxía”.

Con esta iniciativa, Eólica Así Non pretende involucrar e facer conscientes ás novas corporacións municipais “do difícil momento no que nos atopamos tras a aprobación de máis de 75 macroproxectos eólicos por parte da Xunta de Galiza, aos que se suman os autorizados polo goberno do Estado”.

Proxectos que nos vindeiros meses comezarán a “invadir montes, espazos naturais, fontes e mananciais, lugares de interese paisaxístico, corredores ecolóxicos e a eliminar biodiversidade e patrimonio cultural en boa parte dos galegos se estes non fan nada para paralos”.

José Antonio Pereira – A Baña
Diego Díaz – Val do Dubra
Goretti Sanmartín – Compostela

A Coordinadora “Eólica Así Non” aproveitou a xornada para resaltar o papel determinante que os novos gobernos municipais van ter nesta fase de ocupación macroeólica. As corporacións van ter unha ocasión especial para cumprir coa súa promesa de defender o interese xeral da veciñanza e cumprir escrupulosamente coa legalidade vixente, “non favorecendo, por tanto, aos sectores que especulan e atentan contra a preservación de recursos básicos, do medio ambiente, do patrimonio e da saúde da nosa sociedade”.

As plataformas e entidades contrarias á especulación e depredación eólica solicitaron ás voceiras municipais de todas as formacións políticas que constitúen goberno que apoien expresa e decididamente as accións xurídicas que os colectivos sociais ou de afectados/as están poñendo en marcha e que recorran directamente nos tribunais aquelas autorizacións de proxectos macroeólicos que exercerán danos irreparábeis no concello ou que poñen en risco o benestar e futuro das súas veciñas e veciños.

Nesta fase, tamén serán os gobernos locais os encargados de outorgar os permisos e licenzas necesarias para que as promotoras podan iniciar aos obras de instalación das infraestruturas eólicas nos montes de Galiza. Neste senso Adega advirte ás “novas rexedoras e rexedores municipais que calquera intento inxustificado de beneficiar ou favorecer ditas obras será convenientemente denunciado”.

Post navigation

Previous: A Deputación arranxa as estradas afectadas polas obras do rego Gatofero en Trazo
Next: Hoxe comezan a traballar as novas corporacións municipais

Máis novas

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

As obras de Brión corresponden ao POS + Adicional 2/2026 e mellorará os accesos a trece aldeas
3 minutes read
  • Xeral

Máis de medio millón de euros para 13 aldeas de Brión

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos
2 minutes read
  • Xeral

Ciclo de monólogos na Baña

Imaxe do IES que será reformado
3 minutes read
  • Xeral

A Comunidade Escolar do IESP de Ames cuestiona a legalidade do cambio de horario

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación

15 DJs, selectoras e coleccionistas en tres xornadas dedicadas á cultura do disco como parte do WOS
3 minutes read
  • Xeral

O WOS Festival incluirá o evento Muelle 1931 Shop

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (731) Politica (944) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.