Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral

ADEGA preparase para buscar “Xustiza para o Ulla” nos tribunais

adegaa xustiza para o ulla SLIDE 30 marzo 2025

A Asociación pola Defensa Ecolóxica de Galicia inicia unha campaña solidaria de recadación de fondos baixo o lema “Xustiza para o Ulla” coa finalidade de loitar nos tribunais contra as autorizacións a ALTRI e a Mina de Touro O Pino.

Unha vez máis ADEGA acudirá aos tribunais nunha estratexia que está dando os seus resultados na paralización de ducias de proxectos eólicos. “Xustiza para o Ulla” é o nome d campaña de recadación de fondos solidarios que sustentarán as demandas que a asociación presente.

Nunha rolda de prensa ADEGA daba conta do escenario actual e da necesidade de continuar coa presentación de denuncias. Lembran que están declarados como entidade social sen ánimo de lucro e de utilidade pública, o que os habilita para ofrecer a posibilidade á sociedade galega de contribuír de forma libre e directa á loita xudicial contra as autorizacións da Xunta de Galiza a estes dous megaproxectos industriais

Nos próximos tes meses, a campaña aspira a recadar 39.100 euros para poder impugnar o trámite de augas e a Autorización Ambiental Integrada de Altri. A campaña “Xustiza para o Ulla” está aberta á participación de entidades colaboradoras que procuren á defensa do Ulla e da ría de Arousa

ADEGA lanza esta iniciativa coa esperanza de acadar cotas de éxito iguais ou superiores ás conseguidas a través da campaña de recadación solidaria “Ti podes paralos!” contra a invasión eólica, grazas á que conseguiu recorrer e paralizar cautelarmente nos xulgados unha trintena de proxectos eólicos.

“Xustiza para o Ulla” ten vocación de permanencia e propón tres liñas de recadación solidaria: unha primeira para recorrer xudicialmente a macrocelulosa de Altri (Xustizaulla_AltriNon); unha segunda para emprender accións xudiciais contra a reapertura da mina de Touro-O Pino (XustizaUlla_MinaNon); e unha terceira que recadará doazóns para o fondo común (XutizaUlla_FondoComun) da campaña xeral na defensa xurídica do Ulla e, por extensión, da ría de Arousa.

Os custos derivados da loita xurídica contra a celulosa de Altri e a mina de Touro poden variar dependendo do número e entidade dos procedementos xudiciais que haxa que emprender nos vindeiros meses, mais se a Xunta outorga todas as autorizacións recorribles, estes poderían superar os 100.000 euros.

A loita xudicial: inevitábel

Tras a publicación da Declaración de Impacto Ambiental (DIA) favorábel da macrofactoría de celulosa en Palas de Rei e o anuncio, por parte da conselleira de Medio Ambiente, da resolución da Autorización Ambiental Integrada para antes do verán, todo indica que a loita xudicial contra o proxecto Greenfiber vai ser inevitábel.

Doutra banda, a reapertura da mina de Touro-O Pino promovida por Cobre San Rafael, ameaza con acadar nos vindeiros meses o permiso ambiental e a autorización administrativa da Xunta, unha vez superado o trámite de información pública e tendo xa aprobada a concesión administrativa de augas.

ADEGA explica que “O autoritarismo do goberno de Alfonso Rueda e a súa teima de querer autorizar ambos proxectos, caia quen caia, e independentemente da vontade popular ou dos impactos que estes teñan no territorio, impide a efectividade real do uso dos instrumentos democráticos de oposición no ámbito administrativo”.

 Para a organización ecoloxísta “as organizacións sociais que defenden intereses xerais, e a sociedade galega no seu conxunto, non van ter máis remedio que apelar ao amparo das institucións xudiciais para facer valer os intereses públicos fronte a imposición forzosa de proxectos industriais con repercusións extremadamente negativas para o país”.

28 de xuño: data límite para acadar o primeiro reto na defensa xurídica do Ulla

ADEGA irá activando os distintos retos de recadación conforme se vaian dando ou anunciando as distintas resolucións administrativas recorribles da Xunta de Galiza que sexan favorábeis á execución da fábrica de celulosa de Altri ou á mina de Touro-O Pino.

O primeiro reto da campaña será acadar os fondos necesarios para afrontar dous recursos contencioso-administrativos no Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG): 1. A impugnación da Autorización Ambiental Integrada (AAI) do proxecto de Altri e Greenalia, anunciada para antes do verán, e 2. O recurso contra a denegación da solicitude de arquivo do trámite da concesión de augas, por ter excedido o prazo máximo para a súa resolución sen que esta se producise.

Para poder abordar con garantías económicas, técnicas e xurídicas todas as fases dos procedementos xudiciais mencionados por parte de ADEGA, o obxectivo mínimo de recadación será de 39.100 euros, que haberá que conseguir a través de doazóns nos vindeiros tres meses, sendo o 28 de xuño a data límite para conquirir o reto.

ADEGA convida a outras entidades sociais e plataformas opostas a estes dous proxectos agresivos co territorio a participar na campaña como entidades colaboradoras, e apela á solidariedade da sociedade galega no seu conxunto para poñer contra as cordas da Xustiza á Xunta de Galiza e ás empresas depredadoras. As doazóns a esta campaña obterán beneficios fiscais, que poderán acadar ata un 80% na declaración do IRPF.

As doazóns poderán efectuarse a través da páxina web da campaña: https://adega.helpbysc.com/xustizaulla  

Post navigation

Previous: Compostela podría implantar a taxa turística este mesmo verán
Next: Isaac Díaz Pardo protagonista de abril no Museo do Pobo Galego

Máis novas

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Axenda

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Un dos traballos de mellora realizados en pistas de Frades
2 minutes read
  • Frades

Frades acomete un intenso programa de bacheo nas distintas parroquias

Imaxe do pleno de Ames sobre o mercado de abastos
4 minutes read
  • Xeral

O mercado de abastos de Ames dependerá dunha subvención de 2 millóns de euros

Lugar de Agromaior no concello de Teo
2 minutes read
  • Xeral

Teo licita o acondicionamento do viario municipal en Agromaior

Cartel da andaina por parellas de Rois
3 minutes read
  • Axenda

A XVIII Andaina por Parellas de Rois aprázase a setembro

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2771) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2672) sindicatos (109) Social (551) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (580) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.