Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Ames
  • Xeral

Acusan ao goberno de Ames de ter un acordo encuberto co PP

Concello de Ames DSC_0186 slide_r

O BNG di literalmente que “ a receita de Brión leva dous anos cociñándose en Ames, e cheira a rancio”. Os nacionalistas consideran que a actitude de Blas García e unha “burla aos seus votantes”

O BNG de Ames considera que desde hai dous anos hai un acordo encuberto entre Psoe e PP similar ao de Brión. Tachan ao alcalde de “personalista e autoritario” e engaden que “trátase dunha burla á veciñanza que votou en clave progresista para acadar un goberno de esquerdas e recibiu un pacto Psoe-PP”.

Blas García, en declaracións aos medios de comunicación, dicía ao respecto que “O BNG debe preguntarse por que tantos alcaldes progresistas non queren gobernos de coalición con el”. Os nacionalista responden que non precisan preguntar e que o saben con certeza “sabemos que somos un grupo incómodo porque esiximos medidas progresistas e sociais que ao  PSOE lles molestan e entendemos que estean máis cómodos co PP cos que comparten intereses”.

Para o BNG o Psoe, en Ames e en xeral, só intenta diferenciarse deles despois dunhas “eleccións penosas” e engaden que se trata de “unha estratexia perigosa, xa que para tratar de afastarse e diferenciarse do BNG bótase en brazos dun PP que aplaude a súa incoherencia e incapacidade de análise político da realidade do país no que vive”.

O BNG acusa tamén ao Psoe de actitudes similares ás do PP “mimetizouse até tal punto coas formas do PP, que mesmo utiliza a páxina web (como fai o PP coa CRTVG), unha páxina de información institucional, como se fose a do partido socialista e remite polo boletín municipal  o balanzo destes dous anos de lexislatura, a sabendas de que non se pode utilizar o soporte da institución para destacar os logros de xestión ou os obxectivos acadados por un partido”.

Os nacionalistas reividincan ademais o traballo realizado nos gobernos anteriores “a veciñanza de Ames sabe perfectamente que de non ter pasado os nacionalistas polo goberno municipal todos os servizos de conciliación, as escolas deportivas, ou as políticas culturais e lingüísticas, non existirían”.

Post navigation

Previous: Lousame aproba os Orzamentos para 2025
Next: O Pico Sacro acolle un concerto de Carlos Nuñez

Máis novas

bisbarra eleccions e lista 14 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: tambores de eleccións, os partidos moven fichas

frades oroso obra enlace 14 outubro 2026 (3)
3 minutes read
  • Xeral

Frades e Oroso arranxan a estrada de O Fontelo a A Igrexa

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (49) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (950) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.