Touro, 5 de agosto do 2021 – A Asociación Cornado Mina Non vincula o proxecto de tratamento de augas a obrigatoriedade de restaurar a mina.
Cornado Mina Non insta á empresa ” a cumprir coa lei despois de 30 anos e a pedir perdón ao mesmo tempo que recórdanlle que a súa credibilidade é cero logo de defender o proxecto rexeitado polos técnicos como un exemplo de minería sostible e moderna”.
Hai uns días Explotaciones Gallegas (máxima accionista de Cobre San Rafael) anunciaba un proxecto de construción de dúas plantas de tratamento de aguas no Portapego e no Pucheiras. Desde a Asociación lembran que, lonxe de ser un proxecto social, a restauración da zona é unha obriga adquirida xunto cos dereitos mineiros.
A rehabilitación da zona nunca foi asumida pola empresa propietaria da concesión mineira. Cornado Mina Non lembra que existen na actualidade ” denuncias no xulgado, cursadas pola fiscalía por supostos delitos ambientais, que se están sustanciando”
A representación veciñal é moi crítica coa intención da empresa de vincular este proxecto de rexeneración coa aprobación do proxecto de megaminería que foi denegado pola Xunta e cualifican esta actitude de “chantaxe” á administración.