Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Nova licitación para a depuradora da Silvouta

ACUAES ven de licitar o contrato de execución das obras da nova depuradora de Silvouta, en Compostela, por 53.904.036 euros.
Compostela-nova-EDar-normal-17-marzo-2018_r

Compostela, 6 de setembro do 2023 – ACUAES ven de licitar o contrato de execución das obras da nova depuradora de Silvouta, en Compostela, por 53.904.036 euros.

A intención é que a obra sexa adxudicada en decembro e que en xaneiro comece un prazo dun mes para o desenvolvemento do plan integrado de xestión de obras da nova depuradora. A partir de aí iniciase outro prazo de dous anos e tres meses para a execución das obras o que nos sitúa na primavera do 2026.

O obxectivo desta actuación é pór fin aos problemas de capacidade que ten a actual depuradora e eliminar as verteduras contaminantes ao río Sar. Construirase unha nova depuradora, que tratará un caudal medio de 52.000 m3/día, para 277.000 habitantes equivalentes. A obra conectará o novo equipamento á rede existente e executará unha nova acometida eléctrica compatible coas necesidades enerxéticas da nova instalación e dotada dunha subministración eléctrica de respaldo. 

O contrato incorpora ademais a explotación da actual EDAR durante un máximo de 19,5 meses durante a construción, máis seis meses durante a fase de posta en marcha, por un importe de 12.523.935 euros, que será sufragado desde o inicio polo Concello.

Está previsto que o proxecto sexa cofinanciado polos fondos Next Generation da Unión Europea, en virtude do convenio de colaboración que ACUAES, a Xunta de Galicia e o Concello de Santiago de Compostela asinaron o 5 de febreiro de 2021 para a execución, financiamento e explotación da instalación.

Post navigation

Previous: A investigación en intelixencia artificial cítase no CITIUS no 2024
Next: Lousame mellorará os accesos ao núcleo do Castro

Máis novas

diego luis diaz alcalde val do dubra primer plano 5 outubro 2026
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Diego Luís Díaz, alcalde de Val do Dubra

a banha nova umeracion 5 outubro 2026
3 minutes read
  • A Baña

A Baña prepara a nova numeración municipal en 11 parroquias

santa comba mellora de viarios 5 outubro 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Santa Comba licita a mellora de viarios

museo do pobo programacion slide otubro (3)
6 minutes read
  • Xeral

Outubro no Museo do Pobo Galego

ateneo avaro ortiz 5 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Álvaro García Ortiz da unha conferencia no Ateneo

deputacion-variante-cacheiras-slide-18-outubro-2018_r
2 minutes read
  • Xeral

Problemas nas obras da variante de Cacheiras

compostela-transporte-urbano-slide-30-agosto-2022_r
2 minutes read
  • Xeral

O concello de Teo esixe manter a liña 12 do urbano de Santiago

usc territorios que lideran 2 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

A USC impulsa o Foro “Territorios que lideran”

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2814) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (449) Educación (776) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (823) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (735) Politica (949) saúde (533) Servizos (2698) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (585) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.