Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Brión
  • Xeral

Acordo, polo que queda de mandato, entre o Psoe e o PP de Brión

brion acordo co pp SLIDE 18 xunho 2025

O acordo dota de estabilidade ao goberno municipal e recolle temas concretos nos que se traballará nos vindeiros dous anos. O PP de Brión terá unha dedicación de 600 euros brutos.

Despois de dous anos dun mandato que estivo a piques de comezar cun alcalde do BNG apoiado polo PP (tal e como contamos no seu día), Brión alcanza a estabilidade política grazas a un acordo entre Psoe e PP.

O acordo foi anunciado no pleno ordinario de xuño celebrado este mércores e durará os vindeiros dous anos, ata fin de mandato. O alcalde de Brión, Pablo Lago, explica que “co obxectivo común de impulsar políticas e actuacións en beneficio dos veciños e veciñas de Brión, e sen renunciar ás ideas políticas de cada un, tanto PSOE como PP coincidimos na necesidade de ratificar un acordo que ofreza á veciñanza a estabilidade institucional precisa para que Brión continúe avanzando”

O voceiro do PP na sesión de hoxe, Waldo Carballo, apuntou que “neste momento non existe ningún tipo de alternativa política e tomamos esta decisión polo ben da nosa veciñanza”, valorando de forma “moi positiva” a “boa predisposición do alcalde en canto a ter en conta as propostas e achegas feitas dende o grupo popular nos últimos meses”.

Deste xeito, sinalou que “o grupo municipal do PP no Concello de Brión, composto por un total de catro concelleiros nunha corporación de trece edís, vén de acordar que brindará o apoio necesario ao Goberno Local do PSOE no que resta de lexislatura co obxectivo de garantir a estabilidade necesaria para sacar adiante proxectos fundamentais para os veciños”.

Pablo Lago agradeceu a responsabilidade dos populares e sinalou que “tras as eleccións, e en aras de conseguir unha maioría que garanta a estabilidade do Goberno, dende esta Alcaldía iniciamos conversas cos dous grupos da oposición de cara a chegar a un pacto de Goberno que evitara inestabilidades e dilatación de prazos á hora de aprobar medidas en beneficio dos nosos veciños e veciñas. Co BNG de Brión non foi posible ningún tipo de entendemento, nin sequera para a elaboración dos primeiros orzamentos participativos da historia de Brión. Pola contra, dende o Partido Popular si que se recolleu ese convite e dende o inicio da lexislatura teñen presentado propostas concretas e reais tanto para os Orzamentos como para o POS da Deputación”.

Dedicación

O anuncio tivo lugar tras a aprobación dunha modificación orzamentaria para consignar unha dedicación parcial de 15 horas semanais ao concelleiro popular Waldo Carballo por un importe de 600 euros brutos ao mes, aplicable dende o vindeiro mes de agosto.

Unha dedicación pola que asumiu tamén hoxe unha serie de delegacións de funcións por parte da Alcaldía tales como a representación do Concello de Brión no refuxio de Bando ou no padroado da Ruta Rosaliana, así como a presidencia dunha comisión informativa plenaria.

O voceiro do BNG, Xosé Luís Penas, xustificou o seu voto en contra no feito de que “están incorporando ao PP ao Goberno do Concello de Brión” cando “os cidadáns hai dous anos dixeron que houbera un Goberno de esquerdas”, se ben apuntou que “o pacto que hoxe se formaliza, a xente xa o coñecía porque xa se vía nos Plenos, onde o PP non fixo oposición durante os últimos dous anos”. Un acordo que cualificou de “ben estraño”, pois supón “faltar á ética e á estética”.

A voceira do PSOE, Sandy Cebral, corrixiu ao voceiro nacionalista: “isto é un acordo para a estabilidade, unha asignación de funcións porque o Partido Popular non vai estar no Goberno de Brión”.

Cebral lembroulle que as conversacións co BNG non chegaron a bo porto debido ás esixencias dos nacionalistas, que reclamaban tres dedicacións e as áreas de Economía, Facenda, Obras, Cultura e Servizos sociais, entre outras.

“O PP foi o segundo partido máis votado e nós, polo ben da veciñanza, chegamos a un acordo para garantir a estabilidade da xestión deste Concello. Estamos aquí por e para os veciños de Brión, non para o PSOE, e o que buscamos é o mellor para eles”, concluíu Cebral Gómez.

Na súa réplica do voceiro nacionalista, Waldo Carballo reiterou que “nós o que queremos é buscar a estabilidade necesaria os próximos dous anos para sacar adiante proxectos fundamentais polo ben dos nosos veciños”.

Así mesmo, recordoulle que nestes momentos “non hai outra alternativa, puido tela habido ao principio do mandato”, en referencia ao acordo acadado entre o anterior voceiro do PP e o actual voceiro do BNG para sumar os seus votos no pleno de investidura e apoiar a candidatura do nacionalista.

Un acordo que finalmente non se chegou a executar, segundo asegurar daquela o voceiro popular, porque unhas horas antes o concelleiro foi confirmado como deputado provincial polo BNG para os próximos 4 anos e declinou presentar a súa candidatura á Alcaldía.

Xosé Luís Penas volveu negar esa posibilidade e, tal e como fixera hai exactamente dous anos, reiterou que “nunca sería alcalde cos votos do PP. Hai liñas que non podemos pasar”.

Resto da sesión

No resto da sesión deuse conta da liquidación do Orzamento 2024 e aprobáronse dous recoñecementos extraxudiciais de crédito. Un primeiro para o pago de facturas de 2024 presentadas en 2025 e a outra para a realización de obras e pago das achegas do Concello a actuacións como a humanización da avenida de Noia ou as obras de ampliación do polideportivo municipal de Pedrouzos, ambas as dúas xa en marcha.

Post navigation

Previous: Primeiro paso para unha profunda remodelación do casco histórico de Compostela
Next:  Abraham e Isaac volverán a Compostela

Máis novas

Alex-Doval-alcalde-Oroso-slide-17-xullo-2023_6764_r
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Alex Doval, alcalde de Oroso

ames reconhecemento extraxudicial 14 setembro 2026
6 minutes read
  • Xeral

Novo recoñecemento extraxudicial do concello de Ames

Rois: O Pleno aproba volver licitar o Servizo de Axuda no Fogar
4 minutes read
  • Xeral

Rois licita de novo o Servizo de Axuda no Fogar

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

As obras de Brión corresponden ao POS + Adicional 2/2026 e mellorará os accesos a trece aldeas
3 minutes read
  • Xeral

Máis de medio millón de euros para 13 aldeas de Brión

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos
2 minutes read
  • Xeral

Ciclo de monólogos na Baña

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (733) Politica (945) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.