Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Noia
  • Xeral

Acordo de orzamentos en Noia

Psoe e BNG presentan un acordo de orzamento para a vila de Noia que supera os catorce millóns de euros

noia orzamentos 27 xaneiro 2026

O goberno socialista de Noia acadou co BNG uns orzamentos “centrado na racionalización do gasto e na priorización dos servizos básicos”. O acordo foi presentado polo alcalde, Francisco Pérez; o tenente de alcalde e concelleiro de Facenda, Manolo Seijas; e do voceiro do BNG, Ricardo Suárez.

Os orzamentos nacen de “meses de traballo técnico e político, nos que se analizaron en detalle as contas municipais, as obrigas pendentes e as marxes reais de actuación do Concello”.

Prioridade absoluta aos servizos básicos

Os orzamentos alcanzan os 14.736.219,18 euros, medio millón máis que en 2024. Aposta por priorizar o gasto nos servizos básicos, reorientando partidas e reducindo investimentos e programas considerados non esenciais, co obxectivo de garantir o funcionamento dos servizos públicos fundamentais.

Débeda

O orzamento nace nun escenario económico especialmente delicado, cunha capacidade de investimento e de gasto moito menor ca en exercicios anteriores, marcado polas débedas acumuladas e obrigas herdadas, entre elas compromisos coa Mancomunidade Serra do Barbanza.

Por este contexto a xestión de residuos pasa de menos dun millón de euros en 2024 a 2.115.566,40 euros en 2026, axustándose ás cotas reais e permitindo iniciar a regularización da débeda acumulada.

Pacto da auga

O voceiro do BNG definiu o acordo como “o pacto da auga”, en referencia ao forte impulso ao saneamento e á mellora do servizo de auga potable. Subliñou que o orzamento “supón un investimento en saneamento sen precedentes”, e destacou a importancia de avanzar cara a unha planificación integral das redes de saneamento e abastecemento.

Neste eido inclúense actuacións en bombeos e redes, e unha aposta específica pola xestión da auga potable, cunha dotación de 50.000 euros para contratar un servizo especializado na ETAP, ademais de 25.000 euros para actuacións nas captacións.

Outras partidas a destacar son os 175.000 euros para a licitación do servizo de limpeza viaria; a elaboración dun plan de mobilidade e 85.000 euros para unha futura intervención no Paseo Antón Avilés de Taramancos (Labarta).

Logro colectivo

O alcalde puxo en valor que o Concello de Noia volva aprobar un orzamento no mes de xaneiro, algo que non se producía desde había moito tempo “É un logro colectivo e un paso adiante na estabilidade institucional”, afirmou.

Agradeceu expresamente o enorme esforzo do concelleiro de Facenda e do persoal técnico municipal, así como a responsabilidade do BNG para facer posible este acordo.

Subliñou que as contas están baseadas na “racionalización, eficiencia e seriedade na xestión económica”, co obxectivo de ordenar o Concello, cumprir coas obrigas pendentes e poñer os recursos onde realmente fan falta. Tamén se salientou o aumento en promoción económica, que pasa dos 147.149,30€ en 2024 a 265.955€ en 2026. 

Francisco Pérez destacou a prioridade que teñen os servizos básicos; a redución en gasto político e gastos superfluos e o incremento no apoio ao tecido asociativo.

O concelleiro de Facenda, Manolo Seijas, destaca pola súa banda que “Nunca se investiron tantos recursos propios nos servizos esenciais”. Explicou que o orzamento supón unha reorientación profunda cara aos servizos básicos, reducindo partidas en todas as áreas non esenciais.

Afirmou con rotundidade que “pese a quen lle pese, o Concello nunca investiu tantos recursos propios en mellorar os servizos esenciais.” Indicou tamén que foi necesario “apertar en todas as áreas, revisar contrato por contrato e priorizar con rigor” para garantir a viabilidade económica do Concello.

Neste sentido, destaca que a partida asignada a deportes 197.403,35€ a 89.273,75€, e a de festexos de 354.371,17€ a 254.550,00€, apostando por un modelo máis sostible e equilibrado.

Post navigation

Previous: Os alcaldes socialistas da provincia analizarán o “afogo económico” dos concellos
Next: Rois repartirá máis de 2.000 euros en premios no Concurso de Entroido

Máis novas

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Axenda

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Un dos traballos de mellora realizados en pistas de Frades
2 minutes read
  • Frades

Frades acomete un intenso programa de bacheo nas distintas parroquias

Imaxe do pleno de Ames sobre o mercado de abastos
4 minutes read
  • Xeral

O mercado de abastos de Ames dependerá dunha subvención de 2 millóns de euros

Lugar de Agromaior no concello de Teo
2 minutes read
  • Xeral

Teo licita o acondicionamento do viario municipal en Agromaior

Cartel da andaina por parellas de Rois
3 minutes read
  • Axenda

A XVIII Andaina por Parellas de Rois aprázase a setembro

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2771) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2672) sindicatos (109) Social (551) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (580) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.