Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral

Acompañamento psicolóxico para os universitarios de Galicia

O programa de acompañamento psicolóxico está impulsado polas tres universidades e a Xunta de Galicia.

O programa de acompañamento psicolóxico está impulsado polas tres universidades e a Xunta de Galicia.

Imaxe de Gerd Altmann en Pixabay

Compostela, 17/09/2026 – O Servizo Galego de Saúde, a Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade da Coruña e a Universidade de Vigo evñen de asinar un convenio de colaboración que de como resultado un acompañamento psicolóxico dos universitarios galegos.

O obxectivo é crear un protocolo común en materia de acompañamento psicolóxico ao estudantado destas universidades. Como primeiro paso constituíuse un grupo de traballo formado por profesionais procedentes da Administración e das tres universidades asinantes do convenio que, de xeito conxunto e consensuado, elaborou este primeiro protocolo.

O documento concíbese como unha ferramenta útil e transversal, de xeito que se asegure non só a correcta atención á poboación no ámbito universitario, senón, cando sexa preciso, a necesaria continuidade asistencial nos recursos sanitarios e comunitarios dispoñibles.

A elaboración deste protocolo de acompañamento psicolóxico sustentouse na experiencia acumulada polas unidades e servizos de atención das tres universidades galegas, e na evidencia científica dispoñible sobre intervención no ámbito universitario.

A integración do coñecemento experto e as mellores prácticas recollidas na literatura internacional permitiron deseñar un documento consensuado e aliñado coas necesidades detectadas no estudantado universitario de Galicia.

Todas estas experiencias coinciden na importancia de establecer procedementos e modelos de coordinación entre os servizos universitarios e os sistemas públicos de saúde. Este protocolo sitúase nesa mesma liña, adaptando estas referencias ao contexto galego e á estrutura organizativa do Servizo Galego de Saúde.

O documento destaca que  “A creación dun protocolo común para as tres universidades representa un avance significativo, xa que permite homoxeneizar procedementos, reducir a variabilidade na atención, facilitar a comunicación interinstitucional e reforzar a continuidade asistencial”.

A colaboración establecida entre as unidades universitarias e o Servizo Galego de Saúde constitúe ademais un valor engadido, ao favorecer un modelo integrado que combina prevención, detección temperá e resposta axeitada segundo a complexidade clínica.

Actuacións a desenvolver

O documento define o itinerario a seguir no acompañamento psicolóxico, así como actuacións complementarias entre as que se atopan obradoiros psicoeducativos para o estudantado, asesoramento ao persoal da universidade, participación en iniciativas relacionadas coa investigación, ou promover o coñecemento sobre a existencia deste tipo de recursos.  

O interese polo benestar psicolóxico e a saúde mental do estudantado universitario cobrou unha especial relevancia nos últimos anos. Nunha metaanálise recente, cuxos resultados aparecen recollidos no Protocolo, sinálase un incremento dos problemas de saúde mental neste colectivo a nivel global: un 16,78 % presenta sintomatoloxía ansiosa e un 13,42 %, síntomas de tipo depresivo.

Ademais, nun estudo realizado tras a pandemia producida pola COVID-19, polo Ministerio de Universidades e polo de Sanidade, entre estudantado das universidades españolas, recóllese que preto do 50 % presentaba problemas de tipo depresivo e unha porcentaxe semellante, síntomas de ansiedade.

A metade da mostra percibira recentemente a necesidade de contar con atención psicolóxica. O estudantado consideraba como factores que contribúen positivamente ao seu benestar a existencia de redes de apoio adecuadas e de servizos profesionais con acceso rápido e sinxelo, así como contar con información sobre a existencia destes recursos.  

Na redacción do documento participaron Ana López Durán, responsable do Servizo de Atención Psicolóxica da Universidade de Santiago de Compostela; e Carmela Martínez Vispo, membro do equipo de investigación asociado a este Servizo.

Post navigation

Previous: Frades asina hoxe o proxecto de reforma da ETAP
Next: Os docentes do CEIP de Portomouro, en Val do Dubra, fan de cociñeiros por unha baixa

Máis novas

bng maes parquing milladoiro 6 novembro 2026
3 minutes read
  • Xeral

As incógnitas do aparcadoiro do Milladoiro

deputacion via verde remata en marzo 6 de novembro 2026 (1)
4 minutes read
  • Xeral

A Vía Verde podería estar rematada en marzo

KD&L
3 minutes read
  • Axenda

Kitty, Daisy e Lewis abren o Outono Códax Festival

Sesión constitutiva IX Lexislatura
3 minutes read
  • Xeral

Os colexios seguen pedindo reformas

Teo: Mara Cajaraville foi afeccionada aos cabalos dende que era moi pequena. Fotos familiares
5 minutes read
  • Xeral

San Martiño 2026

noia vai de tapas 5 novembro 2026 (2)
4 minutes read
  • Xeral

Noia vai de tapas

ames aproba novo credito para gastos ordinarios 2 novemro 2026
10 minutes read
  • Ames

Ames aproba un novo crédito extraordinario de 1,4 millóns de euros

cineurop a40 aniversario 2 novembro 206
8 minutes read
  • Axenda

Cineuropa celebra 40 anos

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2830) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (832) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (738) Politica (951) saúde (534) Servizos (2704) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.