займ срочно

Levan os presuntos abusos no Centro de Saúde de Padrón ao Parlamento Galego

0

Padrón, 7 de febreiro do 2022 – A deputada socialista Noa Díaz rexistrou unha serie de iniciativas, no parlamento de Galicia, encamiñadas a aclarar os presuntos abusos cometidos por un facultativo no Centro de Saúde de Padrón.

Na actualidade o médico ten aberto un expediente sancionador e foi denunciado por dúas pacientes e outras dúas foron citadas como testemuñas. Os abusos datan do 2019 pero poderían ter continuado ata datas moi recentes.

Noa Días explica que “sen pretender interferir nun proceso xudicial en marcha” lamenta que “desgraciadamente” ningún espazo está libre de violencias machistas, “nin sequera un servizo público tan esencial como o de saúde, ao que acudimos con confianza buscando axuda profesional cando nos atopamos nun estado de vulnerabilidade”.

Díaz engade que “O abuso sexual é unha das formas máis repugnantes e intolerables de violencia machista e adquire unha gravidade engadida á que non podemos permanecer alleas cando se produce no eido do sector público”.

A parlamentaria do PSdeG pregunta cando foi coñecedora a Inspección do Sergas desta situación ou se tomou “algún tipo de medida inmediata” como, por exemplo, “afastar a este facultativo mentres non se esclarecesen os feitos”. Tamén inquire sobre o número de reclamacións ou denuncias que se recibiron contra ese médico, como se resolveron ou se o denunciado segue a exercer a súa profesión nalgún centro da rede pública de saúde.

Noa Díaz presenta esta batería de preguntas despois de que se coñecese que un xulgado de Padrón vén de incoar un procedemento para investigar os supostos abusos sexuais denunciados por dúas mulleres usuarias do centro de saúde desa localidade por parte dun médico de Atención Primaria no verán de 2020.

A raíz deste feito, tamén se soubo que unha das dúas denunciantes presentara unha queixa formal na Área Sanitaria de Santiago e Barbanza, “da que nada soubo transcorrido xa un ano e medio”, aínda que “parece que a Inspección do Sergas finalmente si decidiu abrir un expediente sancionador que está en trámite”.

A maiores, Noa Díaz explica que ao anunciarse o inicio deste expediente, outras tres mulleres manifestaron a súa vontade de testificar como testemuñas por feitos semellantes aos denunciados. Estes aconteceron algúns uns anos atrás, pero tamén foran postos en coñecemento do Sergas no seu día. De feito, remarca Díaz, “unha fíxoo no ano 2019 e outra, en 2021, pero non hai novas acerca da súa resolución”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies