Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Músicas na linde
  • Xeral

ABRIL presenta “Medrar”, unha ollada delicada ao folk máis tradicional

O dúo formado por Claudia Abril e Marina Carpente estrearon “Medrar” este pasado venres

Unha das imaxes do duo ABRIL

Músicas na Linde, 20/04/2026 – O primeiro álbum de estudio de ABRIL é unha delicada flor no amplo xardín do folk actual. Non é doado darlle unha volta ás vellas cancións pero ABRIL conseguen imprimir o seu propio selo en cada unha das pezas de “Medrar“.

Teñen moito que ver en esta delicadeza da voz de Claudia Abril e o violín de Marina Carpente  xeito e o xeito de usar tan fermosas ferramentas. Ao mesmo tempo é de destacar o traballo de músicos como Juan Arca (Lontras), Sunil López ou Hugo Franco.

“Medrar” supón tamén unha herdanza. As pezas beben de fontes orais e arquivos fundamentais da nosa tradición, dende melodías de Caroi (Cotobade) e Toutón (Mondariz), ata sonoridades de Balouta (Ancares leoneses), o legado de Florencio dos Vilares na Fonsagrada ou o canto de “Teresa dos Cucos” en Malpica.

É unha reivindicación ao mesmo tempo do traballo de investigadores como Xisco Feijóo, Xandre Outeiro ou Guillerme Ignacio responsables da recuperación de algunhas das nove pezas do disco.
Medrar non é só un título; é unha declaración de intencións. O álbum nace do concepto do “lugar seguro”, as redes afectivas e é tamén unha celebración do facer colectivo: un disco construído en equipo: a narrativa visual foi creada por Marte Martinka e Miguel Méndez (Fotomatong), coa escenografía de Laura Iturralde e José Faro ‘Coti’ (nononon.lab) e o deseño gráfico de Sara Castro. O traballo, producido por Zalo Rodríguez e mesturado por Hevi (Laboratorio Soyuz), logra un equilibrio hipnótico onde a pandeireta e o violín conviven organicamente coa electrónica.
O traballo coceuse paseniño e a lume lento entre os estudios Ancestral de Isaac Millán, en  Xustáns (Pontecaldelas) e o Pazo de Mariñán (residencias creativas da Deputación da Coruña). A posta en escena de ABRIL, deseñada por Iturralde e Coti, promete levar esa “cabaña” de luz e teas aos escenarios, creando unha experiencia sensorial única que acompañará a voz de Claudia e o violín de Marina.

ABRIL contou ademais co apoio para o desenvolvemento de “Medrar” das Residencias Creativas Mariñán de música, da Deputación da Coruña. Máis alá do que vos digamos en Músicas na Linde acudide ás plataformas a escoitalo, a parar por uns intres e respirar fondo.

Post navigation

Previous: A intervención nas gárgolas do Hostal foi autorizada por patrimonio
Next: “Captain Fantastic” e “Abel” no Cineduca do Ateneo

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.