Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Padrón
  • Xeral

 “Abride a fiestra” regresa á Casa de Rosalía de Padrón

A Deputación apoia “Abride a fiestra” que en esta edición contará con De Vacas, Coro da Rá e Manuel Rivas

Imaxe da presentación de Abride a fiestra na Casa de rosalía en Padrón

Padrón, 02/07/2026 –  A Fundación Rosalía de Castro pon en marcha a oitava edición do festival “Abride a fiestra”, que terá lugar o vindeiro domingo 12 de xullo co apoio da Deputación da Coruña.

“Abride a fiestra” acollerá diferentes manifestacións culturais tendo a Rosalía como figura central. Entre os protagonistas musicais temos a De Vacas, Coro da Ra, Pecha a Cansela e Cé Orquestra Pantasma para os nenos; o cómico Federico Pérez Rey; os escritores Manuel Rivas e Anxos Sumai; e o deseñador Pepe Barro, entre outros.

A presentación tivo lugar na Casa de Rosalía e nela participaron a responsable provincial de Cultura, Natividade González, acompañada de Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía; Anxo Arca, alcalde de Padrón; e Valentín García, secretario xeral de Lingua.

Natividade Gozález explicou que “Apoiar este festival desde a Deputación é apostar por dinamizar o noso idioma e a nosa creación cultural desde a base. A Casa de Rosalía convértese nun punto onde se xuntan o recoñecemento á nosa historia e o impulso ao talento máis novo, demostrando que a nosa cultura popular segue viva, medra e ten moito que dicir”.

“Abride a fiestra” será unha xornada de portas abertas de 11:00 a 23:00 que estará dedicada ás cantareiras e á cultura popular, o Xardín, a Casa-Museo e o auditorio acollerán máis de vinte actividades.

Na Horta terá lugar os concertos con De Vacas, Coro da Ra, Pecha a Cansela e Cé Orquestra Pantasma, xunto co contacontos Federico Pérez Rey, alén dunha charla sobre o eclipse e o obradoiro de construción de caixas para ver eclipses impartido por Martin Pawley.

Para os máis pequenos haberá xogos populares, un concerto de Cé Orquestra Pantasma, a contacontos Inma Soto coa súa obra Xela a superheroína da aldea e unha visita guiada con xogos didácticos denominada ‘O sombreiro de Murga’ da man de Rita Bugallo.

Na propia Casa-Museo tamén haberá visitas guiadas por persoeiros, como a profesora Carme Hermida, Martin Pawley e o escritor Manuel Lorenzo Baleirón, ademais de Miguel Lois, que a realizará sobre o reformado Xardín de Rosalía.

No Auditorio haberá varias actividades literarias, onde Manuel Rivas presentará coa xornalista Ana G. Liste a súa última novela, ‘Tras do ceo’, e Pilar García Negro e Xosé Luís Axeitos presentarán o número dez da revista ‘Follas Novas de estudos rosalianos’.

Por outra banda a escritora Anxos Sumai presenta nunha conversa con Carme Vidal o seu novo libro, ‘A nena de xeo’, e Pepe Barro fará o propio co seu último traballo que reúne o total da súa traxectoria como o máis referencial dos deseñadores galegos, ‘O libro de Barro’.

Finalmente haberá unha cata de viños auspiciada pola adega Paco & Lola, e tamén haberá posibilidade de xantar na propia Horta da Casa da Matanza, que estará amenizado polo DJ Peter Sélek.

Post navigation

Previous: Museo do Pobo Galego, programación xullo
Next: Parolando con Pela del Álamo, director de Curtocircuíto

Máis novas

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Axenda

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Un dos traballos de mellora realizados en pistas de Frades
2 minutes read
  • Frades

Frades acomete un intenso programa de bacheo nas distintas parroquias

Imaxe do pleno de Ames sobre o mercado de abastos
4 minutes read
  • Xeral

O mercado de abastos de Ames dependerá dunha subvención de 2 millóns de euros

Lugar de Agromaior no concello de Teo
2 minutes read
  • Xeral

Teo licita o acondicionamento do viario municipal en Agromaior

Cartel da andaina por parellas de Rois
3 minutes read
  • Axenda

A XVIII Andaina por Parellas de Rois aprázase a setembro

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2771) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2672) sindicatos (109) Social (551) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (580) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.