Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

 Abraham e Isaac volverán a Compostela

compostela devolucion estatuas mestre mateo SLIDE 20 xunho 2025

O concello celebra a recuperación das estatuas do Mestre Mateo, Abraham e Isaac, e destaca que se “fai xustiza” coa sentenza que obriga a devolvelas.

O xuízo quedaba listo para sentenza no 2019 como contabamos en Lindeiros. Fixeron falta uns cantos anos e varios recursos para que Abraham e Isaac quedaran liberados e puideran volver a casa.

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, foi quen confirmou que este xoves o Concello recibiu a resolución do Tribunal Supremo na que se lle dá a razón na acción contra a familia Franco sobre as esculturas románicas que tiñan no seu poder e que agora terán que restituír ao patrimonio público. “O Concello acaba de recibir a resolución en que se condena aos Franco a devolver as dúas esculturas románicas atribuídas ao Mestre Mateo despois dunha longa loita”, manifestou a rexedora municipal, que subliñou esta resolución “fai xustiza”.

Goretti Sanmartín destacou que “é un día moi importante, un día grande para Santiago e para o conxunto de Galicia porque se fai xustiza”. Ademais, puxo en valor o traballo do persoal municipal e nomeadamente da Asesoría Xurídica nesta reivindicación ante a xustiza.  “Unha loita en que a sociedade civil e as persoas que traballan en memoria histórica denunciaron e deron probas de como o patrimonio da familia Franco foi conseguido con base no espolio”, engadiu.

O Concello de Santiago promoveu en 2017 unha demanda contra Carmen Franco Polo (e polo seu falecemento, contra os seus sucesores) na que exercitou unha acción reivindicatoria das dúas figuras do Pórtico da Gloria, Abraham e Isaac.

O xulgado de Primeira Instancia e a Audiencia Provincial de Madrid desestimaran a demanda por considerar que as dúas esculturas non estaban axeitadamente identificadas. Agora, o Supremo estima o recurso interposto polo Concello en 2022, e afirma que a identificación das pezas é clara tendo en conta a documentación achegada no proceso.

En setembro de 2024, o Pleno da Corporación tamén aprobara por unanimidade instar a que outras administracións iniciaran un novo procedemento xudicial para recuperar as figuras, obra do Mestre Mateo.

Post navigation

Previous: Acordo, polo que queda de mandato, entre o Psoe e o PP de Brión
Next: A planta de reciclaxe de Lousame segue sen futuro

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.