Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Compostela
  • Músicas na linde
  • Xeral

Abraham Boba, lider de León Benavente, dirixirá un laboratorio de cancións en Santiago de Compostela

O Líder de León Benavente traballará con dous proxectos musicais na sede de Fundación SGAE

Abraham Boba durante un concerto

Músicas na Linde, 08/05/2026 –  O vigués David Cobas (coñecido polo apelativo artístico Abraham Boba e lider de León Benavente) será este outono o director do V Laboratorio de creación musical de Fundación SGAE Galicia, sucedendo nesta tarefa a nomes como Vega, Iago Pico ou Iván Ferreiro.

Dous únicos proxectos musicais con base en Galicia poderán traballar as súas cancións con Boba, líder do grupo León Benavente, durante unha semana de residencia creativa na sede compostelá da Sociedade Xeral de Autores e Editores (SGAE) e unha serie adicional de encontros telemáticos e clases maxistrais. Ademais, cada seleccionado recibirá un premio de 1.500 euros. As persoas interesadas poden consultar as bases na web de Fundación SGAE () e inscribir as súas solicitudes ata o 8 de xuño no email: pblanco@fundacionsgae.org.

Sobre Abraham Boba

David Cobas (Vigo, 1975), autor e músico, é unha das figuras máis singulares do pop-rock español contemporáneo. No seu catálogo atópanse varios discos en solitario, unha intensa actividade como músico ou produtor para Nacho Vegas e outros artistas e, a partir de 2013, o seu recoñecemento definitivo a través de León Benavente, referencia fundamental para o pop alternativo español actual.

Co seu liderado, esta banda ten entregado discos celebrados pola crítica e mailo público, ten deixado unha influente pegada nas súas presentacións en concerto a ámbalas beiras do Atlántico e, sobre todo, ofrece a Abraham Boba unha plataforma perfecta para desenvolver unha forte identidade lírica e discursiva.

Á súa faceta musical, Boba engade unha vertente literaria cada vez máis salientable, con libros como Esto no es una canción (2021) ou o ensaio autobiográfico 163 centímetros (2025).

Post navigation

Previous: Preocupación pola falta de persoal no grupo de emerxencias de Brión
Next: O Gaiteiro de Vilaverde terá unha estatua en Ordes

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.