Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Ames
  • Axenda
  • Xeral

Aberto o prazo de inscrición para os concursos de Entroido do Concello de Ames

ames entroido 2026

O Concello de Ames, a través das Concellaría de Promoción Económica, Cultura e Educación, e xunto coa colaboración da Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA), organiza a programación de Entroido 2026.

Unha programación que se desenvolverá do sábado 14 ao luns 16 de febreiro cunha ampla variedade de actividades dirixidas ao público adulto e infantil. Xa está aberto o prazo de inscrición para o concurso e desfile do Milladoiro, que se vai realizar o domingo 15, e para a festa infantil de disfraces do luns 16 de febreiro en Bertamiráns.

O Entroido do Concello de Ames comezará o sábado,14 de febreiro. De 16.30 a 19.30 horas os integrantes da charanga Os Celtas serán os encargados de amenizar a festa polas rúas de Bertamiráns. Ademais, ás 17.00 horas, o alumnado da academia de baile Danzaya realizará unha exhibición de baile na praza da Maía.

Xa o domingo, 15 de febreiro, chegará a quenda do concurso de disfraces e o desfile no Milladoiro. Nesta edición haberá tres categorías: a individual, para unha ou dúas persoas, e que terá premios de 100 euros para o primeiro clasificado, 75 euros para o segundo e 50 euros para o terceiro; grupos de entre 3 e 10 persoas, con premios de 300 euros para o primeiro clasificado, 200 euros para o segundo e 100 euros para o terceiro; e grupos grandes de máis de 10 persoas, con premios de 500 euros para o primeiro clasificado, 300 euros para o segundo e 150 euros para o terceiro.

O desfile dará comezo ás 17.00 horas dende o aparcadoiro da Casa da Cultura do Milladoiro e estará amenizado polo grupo Os Charangos de Neda. Ás 18.30 horas comezará a entrega de premios, tamén no aparcadoiro da Casa da Cultura, antes de dar paso ao fin de festa co Dúo Infinito, formado por dúas artistas mozas de Ames.

O luns 16 de febreiro tócalle aos máis pequenos lucir os seus disfraces. Os nenos e nenas de ata 12 anos poderán participar no concurso de disfraces infantil, que a diferenza do de maiores, só terá dúas categorías: individual, con premios de 100 euros para o primeiro clasificado, 75 euros para o segundo e 50 euros para o terceiro; e en grupo, con 300 euros para o primeiro clasificado, 200 euros para o segundo e 100 euros para o terceiro.

Inscricións para os concursos

Para poder participar tanto no concurso de adultos como no infantil, deberanse enviar as solicitudes de inscrición ao enderezo de correo electrónico entroidoames@gmail.com ata o día 10 de febreiro. No caso das inscricións para o concurso infantil, tamén se aceptarán anotacións ata o propio día do desfile, mais non se poderá incluír música propia, facilitándolle aos nenos nesta situación música xeral. As bases para ambos concursos están publicadas na web e poden consultarse na seguinte ligazón para os adultos e nesta para os nenos e nenas.

Post navigation

Previous: Rois repartirá máis de 2.000 euros en premios no Concurso de Entroido
Next: Todos os grupos de Santiago menos o PP apoian a mobilización de SOS Sanidade Pública

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.