Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Frades
  • Xeral

Abellá, en Frades, celebra este sábado a XI Festa da Filloa

frades abella festa filloa SLIDE 14 mrzo 2025

Un evento no que, ademais das filloas, haberá caldo e moita música

A asociación de veciños Os Labregos de Abellá, en colaboración co Concello de Frades, organiza a undécima edición da Festa da Filloa, que terá lugar mañá sábado 15 de marzo no pavillón municipal de Abellá.

Unha celebración que arrincará ás 13:30 horas coa tradicional degustación de filloas e caldo galego. O prezo será o mesmo do ano pasado: 15 euros.

A música correrá a cargo do Dúo Acherizados, que se encargará da sesión vermouth e pola tarde volverá actuar acompañado polo grupo de gaiteiros Son da Terriña, da parroquia de Galegos, e Disco Móbil Impacto.

Así mesmo, haberá sorteos e xogos para as crianzas, con cantina atendida pola Comisión de Festas de Abellá.

A XI Festa da Filloa de Abellá está organizada pola AAVV Os Labregos de Abellá, en colaboración co Concello de Frades, a Deputación da Coruña e a Mancomunidade de Ordes, ao abeiro do Proxecto Nantronte. Unha festa que cada ano atrae a centros de persoas debido ao bo facer das e dos filloeiros, así como ao traballo de todas as persoas voluntarias que participan en cada edición.

Post navigation

Previous: Teo publica a primeira guía histórica e turística do municipio
Next: Visita teatralizada ao Casino de Santiago

Máis novas

Un momento do último Consello de Goberno da USC
5 minutes read
  • Xeral

A convivencia interxeneracional un dos eixos do plan de vivenda de estudantes da USC

José Antonio Domené solista na entrega do Portus Apostoli no Harp Fest de Noia
5 minutes read
  • Xeral

O arpista José Antonio Domené súmase ao Noia Harp Fest

Unha imaxe da última edición do WOS Festival
3 minutes read
  • Xeral

Primeiras confirmacións no WOS Festival 2026

Vehículos de emerxencias nunha intervención
2 minutes read
  • Teo

Teo homologa o Plan de Emerxencias Municipal

Imaxe da Ponte Maceira nas Noites en Vela nuha edición pasada
3 minutes read
  • Xeral

Hoxe chegan as Noites en Vela de Ponte Maceira

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Compostela

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2774) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (613) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (812) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2674) sindicatos (109) Social (552) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (581) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.