Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Frades
  • Xeral

Abellá, en Frades, celebra este sábado a XII Festa da Filloa

A Parroquia de Frades recibe a primavera con filloas e caldo galego

Festa da Filloa en Abellá, Frades

Frades, 20/03/2026 – A asociación de veciños Os Labregos de Abellá, en colaboración co Concello de Frades, organiza a duodécima edición da Festa da Filloa. A cita mañá sábado no pavillón municipal de Abellá.

Unha celebración de Frades arrincará ás 13:30 horas coa tradicional degustación de filloas e un menú composto por caldo galego, filloas, lacón, rixóns e café. O prezo será o mesmo do ano pasado: 15 euros.

A música correrá a cargo do Dúo Acherizados, que se encargará da sesión vermú e que pola tarde volverá actuar acompañado polo grupo de gaiteiros Son da Terriña, da parroquia de Galegos, e do DJ JJ Compota. Así mesmo, haberá sorteos e inchables para as crianzas, con cantina atendida pola Comisión de Festas de Abellá.

A XII Festa da Filloa de Abellá está organizada pola Asociación de Veciños Os Labregos de Abellá, en colaboración co Concello de Frades, a Deputación da Coruña e a Mancomunidade de Ordes, ao abeiro do Terra Activa.

Unha festa que cada ano atrae a centros de persoas debido ao bo facer das e dos filloeiros, así como ao traballo de todas as persoas voluntarias que participan en cada edición. Deste xeito, o ano pasado repartiron máis de 250 menús entre os centos de persoas asistentes.

Post navigation

Previous: Compostela acolle a liga de dróns Galicia Whoop League
Next: XLIV Festa do Viño da Ulla en Vedra

Máis novas

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Axenda

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Un dos traballos de mellora realizados en pistas de Frades
2 minutes read
  • Frades

Frades acomete un intenso programa de bacheo nas distintas parroquias

Imaxe do pleno de Ames sobre o mercado de abastos
4 minutes read
  • Xeral

O mercado de abastos de Ames dependerá dunha subvención de 2 millóns de euros

Lugar de Agromaior no concello de Teo
2 minutes read
  • Xeral

Teo licita o acondicionamento do viario municipal en Agromaior

Cartel da andaina por parellas de Rois
3 minutes read
  • Axenda

A XVIII Andaina por Parellas de Rois aprázase a setembro

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2771) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2672) sindicatos (109) Social (551) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (580) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.