Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Lalín

Abanca terá que devolver 200.250€ a dous veciños de Lalín

Abanca terá que devolver máis de cen mil euros a un veciño de Lalín, por unha sentenza xa firme. Outro xuizo similar está pendente de recurso
2
economía en mes

Table of Contents

Toggle
  • Lalín, 24 de novembro do 2020 – Abanca terá que devolver máis de cen mil euros a un veciño de Lalín, por unha sentenza xa firme, e unha cantidade similar está pendente dun recurso nun xuzgado da vila.
    • Falta de avales

Lalín, 24 de novembro do 2020 – Abanca terá que devolver máis de cen mil euros a un veciño de Lalín, por unha sentenza xa firme, e unha cantidade similar está pendente dun recurso nun xuzgado da vila.

En mabos os dous casos os veciños mercaron unha vivenda a unha promotora que pola que pagaron nun caso 80.250€ e noutro 120.000€. A promoción de vivendas nunca se rematou xa que a promotora quebrou. Os dous litigantes chegaron a acordos, nun caso para ocupar outra vivenda da promoción e noutro para acceder a unha vivenda en aluguer sen pagar renda, pero nunca foron propietarios civis das casas que ocupaban.

Equipo de avogados que conseguiu a sentencia

Falta de avales

Ambas sentenzas teñen elementos comúns. Así estiman que a lei 58/68 xera obrigas non só aos promotores inmobiliarios, tamén ás entidades de crédito. O motivo é que, sendo coñecedoras da existencia de abonos a conta para pagamento de  vivenda, non esixían ao promotor a constitución de aval.

Por outra banda, esta responsabilidade das entidades bancarias vén dada porque non son alleas á relación entre a persoa compradora e a promotora, deben colaborar activamente coa parte promotora para asegurarse de que cumpre coas súas obrigas legais (neste caso de recibir os anticipos nunha conta debidamente garantida).

É suficiente con que a entidade bancaria coñeza ou opte por ignorar que as persoas compradoras están a ingresar cantidades a conta do prezo das vivendas adquiridas para que responda por non ter esixido ao promotor a apertura dunha conta especial, separada e debidamente garantida.

Desde o gabinete de Xoan Antón Pérez-Lema, que levou o caso, explican que  os conceptos aportados non deixan lugar a dúbidas, polo que a entidade bancaria permaneceu na ignorancia voluntariamente, o cal non a exime de responsabilidade.  Así, a responsabilidade de Abanca neste caso, é de 80.250€ (neste caso con sentenza firme) e de 120.000€, cantidades ingresadas na conta da promotora, cos seus xuros legais desde a data de ingreso de cada unha das cantidades anticipadas.

O gabinete Pérez Lema engade que o prazo para presentar demandas sobre a lei 57/68 finaliza o 23 decembro polo que persoas que se atopen en situacións similares poderían tamén recuperar os cartos invertidos.

Post navigation

Previous: Piden que sexan públicos os horarios do transporte metropolitano de Val do Dubra
Next: O cese de do Director Xeral de Minas, Bernardo Tahoces, é ben recibido polos colectivos ecoloxistas e veciñais

2 thoughts on “Abanca terá que devolver 200.250€ a dous veciños de Lalín”

  1. Pingback: Xoán Antón Pérez Lema | Abanca tendrá que devolver 200.250€ a dos lalinense que anticiparon pagos a una promotora que quebró y no llegó a entregarles sus viviendas
  2. Pingback: Xoán Antón Pérez Lema | Abanca terá que devolver 200.250€ a dous lalinenses que anticiparon pagamentos a unha promotora que quebrou e non chegou a entregarlles as súas vivendas

Comments are closed.

Máis novas

casa-do-patron-inauguracion-luces-slide-7-decembro-2021-(1)_r
1 minute read
  • Lalín

“Nadal tropical” na Casa do Patrón

teo lalin estrada vivendas xunta NORMAL 22 abril 2025
2 minutes read
  • A Estrada

A Estrada, Teo e Lalín proxectarán vivendas pública

filloa e cocido unha alianza natural slide 3 fereiro 2025
3 minutes read
  • Boqueixón

Filloas e cocido, unha alianza natural

adega paralizado proxecto en lalin 7 agosto 2024
3 minutes read
  • Lalín

Nova paralización xudicial dun proxecto eólico en Lalín e o Irixo

adega-paralizacion-eolico-deza-slide-18-xunho-2024_r
3 minutes read
  • Lalín

Nova paralización do TSXG dun polígono eólico

silleda-presentacion-libro-a-casa-do-patron-slide-30-xaneiro-2018_r
3 minutes read
  • Lalín

Novas escavacións no Castro de Doade en Lalín

smacap_Bright
3 minutes read
  • Lalín

O parque eólico Pico Seco, en Lalín, tamén paralizado cautelarmente

doade-malla-tradicional-slide-11-xullo-2023_r
2 minutes read
  • Axenda

A malla tradicional volverá a Doade en agosto

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.