Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • A Baña

Sen colexio por culpa do transporte

Monbus deixou o pasado luns sen transporte á maior parte da comunidade escolar do CPI San Vicenzo da Baña.
bisbarra-transporte-metropolitano-slide-14-febrero-2020_r

A Baña, 19 de maio do 2022 – Monbus deixou o pasado luns sen transporte á maior parte da comunidade escolar do CPI San Vicenzo da Baña.

A maioría dos 170 escolares que coden a este centro escola da Baña quedaron nas paradas esperando o autobús. O Psoe do concello levou presentou unha serie de preguntas no Parlamento Galego sobre esta cuestión.

A Deputada Noa Díaz, xunto coas tamén Deputadas Noelia Otero e Patricia Rodríguez, presentaron catro preguntas para ser respondidas na Cámara. Trátase de saber cal foi o motivo de non prestar o servizo; si a empresa informou á Xunta de Galicia de que non podería prestalo; si é consciente a Xunta dos prexuízos que isto supuxo para a comunidade escolar da Baña e si comprobou que os vehículos compren os requisitos mínimos..

No texto que acompaña as cuestións explícase que os cambios acometidos hai un ano no transporte escolar e  interurbano leva provocando numerosas queixas entre os usuarios. Faise fincapé na importancia do transporte escolar para os veciños, especialmente nun ámbito rural como pode ser o do concello da Baña. Por este motivo e polo feito de que os usuarios son menores hai ademais unha necesidade de que “funcione escrupulosamente” por ser tamén unha ferramenta de conciliación.

As asinantes das preguntas parlamentarias engaden que “Falamos de decenas de menores que quedaron ese día sen xornada escolar porque o servizo de transporte público non chegou, pero tamén de moitas familias que ese día se viron prexudicadas nos seus traballos por ter que marchar para casa a coidar do seu fillo ou filla. As propias familias manifestan a súa inseguridade por se este incidente se volve repetir, dada a necesidade deste servizo”.

Post navigation

Previous: A festa de aniversario do Modus Vivendi abre os seráns de Feixóo
Next: Cultura de Noia pecha o mes das letras co espectáculo “ A teacher Lu”

Máis novas

Vista da Baña, imaxe de arquivo
2 minutes read
  • Xeral

A Baña destina máis de 600.000 € a melloras de estradas

Imaxe duha das edicións da PequeRachada da Baña
2 minutes read
  • Xeral

PequeRachada na Baña

Cartel anunciando a festa dos Maios na Baña
2 minutes read
  • A Baña

A Baña celebra unha nova edición dos Maios

Imaxe do pleno celebrado en A Baña
3 minutes read
  • A Baña

A Baña segue pagando as débedas do pasado

a banha segunda carreira popular 13 marzo 2026
4 minutes read
  • A Baña

A Baña celebra o domingo 3 de maio a II Carreira Popular

Vista da Baña, imaxe de arquivo
3 minutes read
  • A Baña

A Baña activa un plan estratéxico de vivenda

A Baña reparte máis de 8000 filloas na XXII Festa da Filloa da Pedra
2 minutes read
  • A Baña

A Baña repartiu máis de 8.000 Filloas da Pedra

Alonso Caxade dedícalle unha canción á Festada Filloa da Pedra da Baña, que xuntou miles de persoas
3 minutes read
  • A Baña

A Baña celebra este domingo a XXII Festa da Filloa da Pedra

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.