Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Santa Comba
  • Xeral

A xustiza segue dando a razón á veciña de Grixoa que reclama unha traída de auga pública

Despois de que o TSXG anulara a legalización dunha traída de auga privada, agora a xustiza obriga a retirar parte de esa traída.
consellos-consumo-auga-normal-23-agosto-2022_r

Bisbarra, 28 de decembro do 2022 – Despois de que no mes de outubro o TSXG anulara a legalización dunha traída de auga privada en Santa Comba, agora a xustiza obriga a retirar parte de esa traída.

Tal como contamos en Lindeiros a legalización anulada polo TSXG obrigaba na práctica a unha veciña de Grixoa a conectarse á traída privada pese a estar a 800 metros da municipal. Unha traída que, sen autorización e aludindo a un dereito de servidume, pasa por riba da finca da veciña.

No xuízo verbal celebrado hai unhas semanas nos xulgados de Negreira os representantes da Comunidade de Usuarios de Augas de Grixoa recoñecían que non informaran aos veciños de por onde ía pasar a traída en ningunha das asembleas celebradas.

Os representantes da comunidade de augas tampouco puideron concretar nin cando nin onde a veciña que demanda lles concedera o servizo de servidume. Recoñecendo tamén que non foi a única que se opuxera ao paso da traída.

Como xa contamos no seu día, que o concello no ampliara a traída en Grixoa e legalizara a traída privada (decisión agora anulada polo TSXG) implicaba na práctica que os veciños que precisaban dunha traída se viran obrigados a conectarse á privada previo pago de 2.700 euros. Unha traída que pasa, como se demostra con esta sentencia, por fincas privadas se ten concedido dereito de paso algún.  A sentenza pode ser apelada no mesmo xulgado.

Post navigation

Previous: A hostalería de Noia denuncia o incremento de roubos en establecementos
Next: Ortoño acolle un concerto de campás e dúas charlas sobre a súa historia

Máis novas

bisbarra eleccions e lista 14 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: tambores de eleccións, os partidos moven fichas

frades oroso obra enlace 14 outubro 2026 (3)
3 minutes read
  • Xeral

Frades e Oroso arranxan a estrada de O Fontelo a A Igrexa

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (49) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (950) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.