Ordes, 18 de abril do 2019 – O Concello de Ordes celebrará o sábado 4 de maio a súa xuntanza das persoas maiores.
Para ese día está prevista ás 13.30 horas unha misa, seguida do xantar tradicional a partir das 14.30 horas e de baile. A xuntanza de maiores terá lugar na carpa instalada no Campo da Feira.
Para poder asistir é necesario adquirir ata o 30 de abril como data límite a correspondente entrada. O custo é de 5 € e pódese conseguir, tras a presentación previa do DNI, nas oficinas xerais municipais situadas na planta baixa do mesmo Concello.