Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral

A Xunta destina dous millóns de euros á prevención da violencia de xénero e a conciliación na provincia

74 concellos da provincia recibirán, da Xunta , 2 millóns de euros para promover a conciliación, previr e tratar a violencia de xénero
melloras-sociais-para-a-provincia-slide-1-xullo-2021_r

A Coruña A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e o delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, presentan en rolda de prensa os datos correspondentes á resolución das axudas ás entidades locais da provincia para a promoción da Igualdade. 30/06/2021 Foto: Moncho Fuentes / AGN A Coruña

Bisbarra, 1 de cullo do 2021 – 74 concellos da provincia recibirán, da Xunta de Galicia, 2 millóns de euros para promover a conciliación, previr e tratar a violencia de xénero

Os fondos corresponden as axudas para igualdade destinadas as entidades locais. O investimento foi presentado en rolda de prensa por a Secretaria Xeral da Igualdade, Susana López Abella, e o Delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor.

A Coruña
A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e o delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, presentan en rolda de prensa os datos correspondentes á resolución das axudas ás entidades locais da provincia para a promoción da Igualdade.
30/06/2021
Foto: Moncho Fuentes / AGN A Coruña

Susana López explicou que estas axudas financian programas de conciliación, promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero, apoio aos centros de formación á muller e proxectos de sensibilización, información e difusión sobre a igualdade e prevención da violencia contra as mulleres

O programa de conciliación conta con cerca de medio millón de euros. Chegará a 38 entidades locais para fomentar este tipo de medidas.A segunda das partidas recibe 114.000 euros destinados á promoción da igualdade e da prevención e tratamento da violencia de xénero en 12 entidades locais. En esta liña de axudas a Xunta financia accións orientadas a previr a violencia de xénero e mellorar a situación persoal, social e laboral das mulleres vítimas, das súas fillas e fillos e das persoas delas dependentes s e doutras mulleres en situación de vulnerabilidade. Estes apoios inclúen medidas de loita contra a explotación sexual, incluída a prostitución.

As axudas aos centros de información á muller recibe 1,2 millóns de euros. En este caso a axuda chega a 29 CIM que dan cobertura a 56 concellos. Os cartos destínanse a manter os postos de traballo dos CIM e dos axentes de igualdade ou de fomento do traballo en rede e de dinamización do territorio con enfoque de xénero

A cuarta liña, centrada na posta en marcha de medidas de sensibilización, información e difusión sobre a igualdade e prevención da violencia contra as mulleres, recibe 149.000 euros. En este caso chegará a 27 entidades locais con cargo aos fondos do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

Post navigation

Previous: Plenos que avanzan mal e acaban peor en Compostela
Next: Brión mellora a súa rede de saneamento e abastecemento

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.