Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Silleda
  • Xeral

A XGN R Encounter de Silleda chegara este ano a súa 23º edición

O recinto feiral da Semana Verde de Galicia, en Silleda, acollerá en outubro a 23º edición da XGN R Encounter.
semana-verde-xgn-encounter-slide-12-maio-2023_r

Bisbarra, 19 de maio do 2023 – O recinto feiral da Semana Verde de Galicia, en Silleda, acollerá en outubro a 23º edición da XGN R Encounter.

A XGN é a maior lanparty de Galicia e ocupará os dous principais pavillóns do recinto feiral. contará coas súas zonas tradicionais, a Intranet e a Extranet, e como é habitual, a tarde previa á inauguración, o 12 de outubro ás 16.00h, abrirá as súas portas de forma non oficial na súa xornada pre-party, para facilitar o acceso escalonado dos/as rexistrados/as.

 Os/as participantes poderán usar xa os seus equipos, aínda que será unha xornada destinada sobre todo á realización de traballos técnicos e posta a punto do evento na que se farán probas para garantir a estabilidade da conexión.

En canto á Intranet, orientada a rexistrados/as, permitirá gozar dun posto con conexión de altas prestacións e dereito tanto a acampar como a participar en actividades exclusivas, mentres que a Extranet ofrecerá un completo programa de propostas tanto para os/as participantes como para quen visite o recinto.

Formación, intercambio de experiencias e entretemento volverán ser os eixos desta edición, a sétima coa operadora galega R como colaboradora e patrocinadora oficial e que de novo conta co apoio da Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia, impulsora da party.

A organización xa comezou a deseñar a cita, que seguirá incorporando melloras no seu obxectivo de converterse na segunda gran lanparty a nivel nacional. Trátase dun reto vinculado ao Grupo Euskaltel e a súa Fundación, a cal celebra desde hai máis de 25 anos no País Vasco a Euskal Encounter, a maior party de España.

Un programa didáctico e divertido

A XGN R Encounter contará con actividades moi variadas tanto para persoas rexistradas como para visitantes que acudan á Extranet. Novidades e propostas xa habituais que contan con gran éxito uniranse nun programa que incluirá competicións, talleres, conferencias, actividades de realidade virtual e tamén os xogos máis diversos.

Post navigation

Previous: Brión entrégalle a Vicente Piñeiro o V Premio Laudamuco
Next: Máis de 600 participantes na Andaina Terras de Altamira

Máis novas

bisbarra eleccions e lista 14 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: tambores de eleccións, os partidos moven fichas

frades oroso obra enlace 14 outubro 2026 (3)
3 minutes read
  • Xeral

Frades e Oroso arranxan a estrada de O Fontelo a A Igrexa

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (49) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (950) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.